Secret

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Secret
Álbum de Ayumi Hamasaki
Edición:
Datas de gravación: 2006
Estudio(s) de gravación: {{{estudio}}}
Duración: {{{duración}}}
Xénero: J-Pop, Rock, Pop
Selo(s): avex trax
Producido por: Max Matsuura
Cronoloxía
(miss)understood Secret A Best 2

Secret é o oitavo álbum de estudio da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado orixinalmente o mercado o 29 de novembro do ano 2006 baixo o selo avex trax producido por Max Matsuura.

Índice

Información[editar]

Este, supostamente ía ser o segundo mini álbum de Ayumi Hamasaki tras "Memorial Address", lanzado a finais do ano 2003. Incluiría o singles dende o primeiro single de 2006 "Startin" ata o seu máis recente canción "JEWEL", estreada orixinalmente en setembro para un dos comerciais da compañía Panasonic, e en vivo o 13 de outubro do ano 2006 no especial do 20º aniversario do programa de televisión Music Station. Ó lanzamento do mini álbum se lle deu gran énfases a que, pese a que só contería sete cancións das cales só tres serían inéditas, todas elas conterían un vídeo musical, os cales serían incluídos no interior dun DVD adicional que sería incluído no álbum (o igual que con "Memorial Address", pero este incluía a canción extra titulada como o álbum). Tamén o feito de que se entregaría un póster de tamaño considerable os primeiros que conseguiran o álbum, que era edición limitada.

Os fans xa asimilaran a idea de recibir un mini álbum cando todo trocou de forma sorpresiva, cando o día 23 de outubro, só algúns días despois de anunciarse que sería finalmente titulado "Secret", dabas ea coñecer que non sería o segundo mini álbum da artista; senón que sería o seu oitavo álbum de estudio, con catorce temas en total. O DVD tamén contería catorce pistas, os cales eran sete vídeos musicais dos temas promocionais do álbum, e adicionalmente as sete escenas de "making of" de cada un deles. Días despois, a mesma Ayumi escribiu os seus fans no blog da páxina dos seu club de fans oficial, TeamAyu, avisando que ela fora a da idea de finalmente non realizar un mini álbum e facer un álbum en estudio, pero como xa estaba todo listo para agregar só as sete canción, estaban traballando arduamente gravando os sete temas restantes para o álbum. O día 6 de novembro deuse a coñecer no mesmo blog que as gravacións das sete cancións chegaran o seu final, e xa o día seguinte a lista de cancións filtrouse por internet.

O álbum contén tódolos singles lanzados ó mercado o ano 2006, que sorpresivamente para a carreira de Ayumi, foron unicamente dous. Este ano é o primeiro que Ayumi ten tan pouca actividade musical, xa que unicamente sacou o seu álbum "(miss)understood" o primeiro día do ano, dous meses despois "Startin'/Born to be...” e outros dous meses máis tarde "Blue Bird". Creuse que nun comezo, cando os comerciais de Panasonic cos temas "JEWEL" e "1 LOVE" saíron o aire, que se lanzaría un single de dobre cara A con ambos temas, pero nada desto ocorreu e finalmente plantexouse este álbum. A cara B "teens", un cover da banda TRF, e que foi incluído no single de "Startin'/Born to be...", é un dos poucos temas que foron contidos nun single e que posteriormente non se incluíron en ningún álbum. "Beautiful Fighters" presente no single de "Blue Bird" si será incluído como un dos temas, como a maioría dos temas gravados inicialmente para un single de Ayumi.

Na súa primeira semana á venta, o álbum alcanza de forma previsible o primeiro lugar nas listas de Oricon, logrando vender 286 mil copias. Este convertese no álbum que conseguiu un debut máis débil de toda a carreira de Ayumi, superado incluso polo mini álbum "Memorial Address", que fora ata o momento o seu álbum có peor debut con 524 mil copias vendidas. Esperase que o álbum venda en total entre 700 e 800 mil copias, lamentablemente con poucas esperanzas de romper o millón de copias vendidas. Aínda que hai que atribúe esta baixada o fenómeno internet. A música se descarga e a xente non compra discos físicos. Do contrario, Ayumi Hamasaki non seguiría onde esta, nin sería numero 1.

En 2007, o tema que da titulo o álbum, "Secret", foi escollida para ser o tema principal da película coreana "Confesións de Dor". En xullo, debido a esto, incluíuse como cara B do single "Glitter/Fated".

Lista de Temas[editar]

CD[editar]

# Título
1. Not yet
2. until that Day...
3. Startin'
4. 1 LOVE
5. It was
6. LABYRINTH
7. JEWEL
8. momentum
9. taskinst
10. Born To Be...
11. Beautiful Fighters
12. BLUE BIRD
13. kiss o' kill
14. Secret


DVD[editar]

# Título
1. Startin' <vídeo clip>
2. Born To Be... <video clip>
3. BLUE BIRD <video clip>
4. Beautiful Fighters <video clip>
5. JEWEL <video clip>
6. 1 LOVE <video clip>
7. momentum <video clip>
8. Startin' <making clip>
9. Born To Be... <making clip>
10. BLUE BIRD <making clip>
11. Beautiful Fighters <making clip>
12. JEWEL <making clip>
13. 1LOVE <making clip>
14. momentum <making clip>

Aparicións en TV[editar]

Posición nas Listas[editar]

Oricon[editar]

Lanzamento Lista Máxima Posición Ventas Primeira Semana Ventas Totais Semanas
29 de novembro, 2006 Oricon Daily Albums Chart #1
29 de novembro, 2006 Oricon Weekly Albums Chart #1 386,280 675,297 18
29 de novembro, 2006 Oricon Monthly Albums Chart #1
29 de novembro, 2006 Oricon Yearly Albums Chart #22 (2006), #73 (2007) 494,399 (2006)
180,898 (2007)
  • Ventas Totais: 675,297 (Xapón)
  • Ventas Totais: 900,000 (Avex)
  • Ventas Totais: 2,000,000 (Asia)


Outras Listas[editar]

Lista Máxima Posición
Soundscan Albums Chart 1 (CD+DVD)
Soundscan Albums Chart 5 (CD-Only)

Singles[editar]

Lanzamento Titulo Máxima Posición Semanas Ventas
8 de marzo, 2006 "Startin'/Born to be..." #1 15 188,551
21 de xuño, 2006 "Blue Bird" #1 13 258,566

Ventas acumuladas dos singles: 447,117

Ventas acumuladas dos singles e do álbum: 1,122,414

Ligazóns externas[editar]