Secesión de Berlín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xurado da Secesión de Berlín

A Secesión de Berlín (Berliner Secession) foi unha asociación artística fundada por artistas berlineses en 1898 como unha alternativa á Asociación de Artistas de Berlín, que estaba dirixida polo estado e era de carácter conservador.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Ese ano, 1898, o xurado do Salón oficial rexeitou unha paisaxe de Walter Leistikow, quen era unha figura crave entre un grupo de novos artistas interesados no desenvolvemento moderno da arte. Sesenta e cinco novos artistas foron os membros fundadores da Secesión.

Max Liebermann foi o primeiro presidente da Secesión de Berlín, e propuxo que Paul Cassirer e o seu curmán Bruno actuasen como axentes de negocios.

En 1901 Bruno Cassirer demitiu da Secesión, de xeito que puido dedicarse enteramente á editorial Cassirer. Paul asumiu a dirección da galería Cassirer, e apoiou a varios artistas da Secesión, incluíndo os escultores Ernst Barlach e August Gaul, así como á promoción dos impresionistas e posimpresionistas franceses.

Entre os membros da Secesión destacan: Max Beckmann, Lovis Corinth, Lyonel Feininger, Georg Kolbe, Käthe Kollwitz, e Max Slevogt.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Paret, Peter: The Berlin Secession. Modernism and its enemies in Imperial Germany, Harvard University Press 1980

Outros artigos[editar | editar a fonte]