Sebastián Taborda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sebastián Taborda
Información persoal
Nome Sebastián Taborda Ramos
Nacemento 22 de maio de 1981 (42 anos)
Lugar de nacemento Montevideo
Altura 1,92 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Defensor
Número 9
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2000–2005 Defensor 49 (21)
2001Fénix (cedido) 29 (14)
2003Pumas UNAM (cedido) 13 (3)
2004Univ. Católica (cedido) 11 (4)
2005–2009 Deportivo da Coruña 41 (5)
2008–2009Hércules (cedido) 12 (1)
2009–2010 Defensor 13 (1)
2010–2011 Newell's Old Boys 10 (0)
2011–2012 River Plate (Uruguai) 24 (12)
2012–2013 Nacional 11 (1)
2013– Defensor 3 (1)
Selección nacional
2003 Uruguai 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 12 de novembro de 2012.
editar datos en Wikidata ]

Sebastián Taborda Ramos, nado en Montevideo o 22 de maio de 1981, é un futbolista uruguaio. Xoga de dianteiro centro e o seu equipo actual é o Defensor Sporting.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no seu país, no Defensor Sporting. Despois de estar cedido en varios clubs suramericanos, como Fénix (Uruguai), Pumas de la UNAM (México) e Universidad Católica, chegou a Europa no 2005 para xogar no Deportivo da Coruña, que pagou 2,9 millones de euros polo 70% do pase do xogador. A súa gran virtude é a súa envergadura, que a sabe aproveitar perfectamente no xogo aéreo. Normalmente é usado como revulsivo nas segundas partes dos partidos ou ante situacións adversas no marcador. Iso sucedeu nun partido contra o Valencia CF, no que Taborda marcou un gol coa cabeza aos poucos segundos de entrar no terreo de xogo, gañándose o alcume de 'Falito'. Cabe destacar que algúns dos seus goles máis importantes foron marcados saíndo case sempre desde o banquiño. Na tempada 2008–09 foi cedido ao Hércules CF de Segunda División. Tras rematar o seu contrato co Deportivo o 1 de setembro de 2009, volveu ao Uruguai para xogar novamente no Defensor Sporting. En 2010 foi contratado por Newell's Old Boys da Arxentina.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Até a data foi convocado tres veces coa selección uruguaia, xogando un partido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]