Seán Heuston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seán Heuston

Seán Heuston, nado o 21 de febreiro de 1891 en Dublín e executado o 8 de maio de 1916 na prisión de Kilmainham Gaol, foi un rebelde irlandés membro do Fianna Éireann que participou activamente no Alzamento de Pascua de 1916. Cuns 20 homes de aproximádamente a súa idade, ocupou a Casa de Caridade sobre o río Liffey durante dous días, aínda que a intención nun principio era a de ocupar a posición durante unhas horas. Foi condenado a morte e fusilado o 8 de maio dese mesmo ano en Kilmainham Gaol, sendo o máis novo dos rebeldes fusilados.

Heuston viviu moitos anos en Limerick.

A Estación de Heuston en Dublín, onde traballou nas súas oficinas durante unha tempada, recibe o nome actual no seu honor, así como a ponte de Seán Heuston.