Scott Cunningham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaScott Cunningham
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1956 Editar o valor em Wikidata
Royal Oak, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte28 de marzo de 1993 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
San Diego, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Morte por SIDA Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónensaísta , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Cunningham-7776

Scott Douglas Cunningham, nado en Royal Oak (Míchigan) o 27 de xuño de 1956 e finado o 28 de marzo de 1993 foi autor de libros sobre a Wicca (coma a Guía do Practicante Solitario) e outras alternativas relixiosas. O seu nome está asociado á maxia natural. É recoñecido coma un dos autores con máis influxo e máis revolucionarios no campo da maxia natural.

A súa vida[editar | editar a fonte]

Scott Cunningham foi o segundo fillo de Chester Grant Cunningham e Rose Marie Wilhoit Cunningham.

A familia Cunningham mudouse a San Diego (California) no outono de 1959, debido a problemas de saúde da nai de Scott. Cunningham viviu en San Diego até a súa morte. Scott tivo un irmán máis vello, Greg, e unha irmá máis nova, Cristine.

Cando chegou á escola superior asociouse a unha rapaza coa que comezou a coñecer o mundo do ocultismo e os coventículos. A compañeira de clases introduciuno na Wicca e adestrouno na espiritualidade pagá. Scott foi iniciado en varios coventículos tradicionais.

Scott Cunningham estudou literatura creativa na Universidade de San Diego, onde se inscribiu en 1978. Despois de dous anos no programa, non obstante, tiña máis traballos publicados que varios dos seus mestres e saíu da universidade para escribir a tempo completo.

En 1983 diagnosticóuselle linfoma. Co pasar dos anos a súa saúde foise deteriorando e en 1990, mentres daba unhas conferencias en Massachusetts, diagnosticóuselle meninxite. Sufriu algunhas infeccións provocadas polo cancro e finalmente morreu en 1993, con 36 anos.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

Vídeos[editar | editar a fonte]