Scophony

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Scophony foi un sistema de televisión mecánica desenvolvido no Reino Unido, usaba espellos montados en tambores rotantes de alta velocidade para proxectar unha imaxe sobre unha pantalla.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O sistema desenvolveuno a compañía Scophony Limited fundada por Solomon Sagall a comezos da década de 1930 para explotar as patentes do inventor George William Walton. En 1938 a compañía fixo unha demostración con éxito de tres tipos de televisión mecánica de 405 liñas na exhibición Radiolympia de Londres, un televisor doméstico, cunha área de imaxe de aproximadamente 24" x 22" e dous sistemas de proxección para salas de exhibición, unha cunha imaxe de 72" x 60" e outra de 108" x 144 ". Varios dos sistemas para as salas de exhibición estiveron en operación pero os televisores para o fogar non chegaron a se comercializar polo comezo da Segunda Guerra Mundial.

A scophony utilizaba un sistema óptico coñecido como Split Focus, desenvolvido por un dos fundadores da compañía G W Walton, que permitía que os planos da imaxe foran diferentes na dirección horizontal e na vertical xa que o feixe de luz dividíase por medio de lentes cruzados en dous planos separados, reducindo o tamaño e os custes. O modulador de luz desenvolvido por J.H. Jeffree en 1934, que utilizaba ondas de son ultrasónico que corrían perpendiculares á luz.