Schneider Electric

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Schneider Electric
Schneider Electric

Schneider na República Checa.
TipoSociedade Anónima
Fundación1836
LocalizaciónRueil-Malmaison, Francia
FundadorEugène I e Adolphe Schneider
IndustriaElectricidade
ProdutosMaterial eléctrico e electrónico
Beneficio23.946 millóns de euros (2012)
Número de empregados152.384 (2012)
Na rede
https://www.se.com
Facebook: SchneiderElectric Twitter: SchneiderElec Instagram: schneiderelectric LinkedIn: schneider-electric Youtube: UCnpqjEw2RHDBNVGDe8pI7tw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Schneider Electric é un grupo industrial europeo adicado principalmente ao sector eléctrico. Produción, transformación, distribución e consumo eléctrico. A empresa vende en 190 países e ten máis de 200 fábricas.

Historia[editar | editar a fonte]

A empresa foi fundada polos irmáns Eugène I e Adolphe Schneider en Le Creusot, Francia. Nos inicios a empresa era unha empresa metalúrxica pesada, pioneira no sector. Nos anos 1905 comezaron a traballar na nova industria eléctrica fabricando locomotoras. Ampliando o negocio á fabricación de compoñentes de automóbiles e posteriormente armamento. En 1950 xa baixo a dirección de Charles Schneider comezou a medrar mercando outras empresas do sector eléctrico: Merlin Gerin (1992), Telemecanique (1988), Square D (1991), posteriormente mercaría Modicon.

En España[editar | editar a fonte]

A empresa chega a España nos anos 1950 que marca Telemecanique ca empresa Manufacturas Metálicas Madrileñas. A filial da empresa créase nos anos 1960 en 1969 crearíase a fábrica de Xetafe. Nos anos 1980, nace Merlin Gerin España despois de mercar Gardy. Posteriormente a empresa mercou: Cabimetal, Mesa, MGE UPS, Himel, Eunea, Cevelsa, SquareD e Semat entre outras. Schneider Electric España ten a súa sede corporativa en Barcelona[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La historia del Grupo Schneider Electric en España". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de febreiro de 2015.