Schalk Burger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Schalk Burger con Suráfrica.

Schalk Burger, nado en Porto Elizabeth o 13 de abril de 1983, é un xogador surafricano de rugby. Xoga na posición de flanqueador na 3ª liña dos Stormers do Super 14, no Western Province da Currie Cup e na selección de rugby de Sudáfrica. Foi premiado como mellor xogador internacional do mundo no ano 2004 pola IRB, e no ano 2007 gañou a Copa do Mundo de Rugby.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai chámase como él, e tamén foi xogador de rugby internacional con Sudáfrica. Schalk Burger debutou cos Springboks no mundial do 2003, e dende ese mundial non deixou de ser considerado un dos mellores flankers do mundo. Xogador durísimo que sempre chama a atención sobre o campo, ten sido acusado de ser violento de mais cando fai as súas placaxes, pero tamén adoita rematar os partidos botando sangue. Xogando con Western Province e os Stormers nunca obtivo títulos, ainda que na tempada 2010, cos reforzos de Bryan Habana e Jaque Fourie, no Super 14 xogou por vez primeira a final, perdendo fronte ós Bulls de Pretoria. Coa selección en troques obtivo os maiores honores posibles, gañando en 2007 o mundial e no 2009 o Tri Nations.

Equipos Tempadas Títulos
Western Province 2003 - 0 Currie Cup
Stormers 2004 - 0 Super 14
Springboks 2003 - 1 Mundial (2007), 1 Tri Nations (2009)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]