Scala media

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Posición da scala media na cóclea

A scala media é unha cavidade da cóclea que contén endolinfa, localízase entre a scala tympani e a scala vestibuli separada pola membrana basilar e a membrana de Reissner respectivamente. Na scala media está o órgano de Corti.