Savonlinnan Pallokerho
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1929 | |
| Sede | ||
| Cancha | Talvisalon Gigantti-areena (2.833 espectadores) |
|
| Cores | Azul, branco e vermello |
|
| Liga | Mestis | |
| Adestrador | ||
| Sitio Web | http://www.sapko.fi/ | |
O Savonlinnan Pallokerho ou SaPKo é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Savonlinna (Finlandia). O club foi fundado en 1929 e dende a tempada 2006-07 compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a Mestis. Xoga os seus partidos como local no Talvisalon Gigantti-areena, un pavillón con capacidade para 2.833 espectadores.
Índice |
Historia [editar]
En 1929 fundouse o club deportivo Savonlinnan Pallokerho. Inicialmente estaba formado por dúas seccións: fútbol e bandy, mais dende os anos '60 o hóckey sobre xeo converteuse no principal deporte.
Nos anos '60, o SaPKo xogou durante catro tempadas na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-sarja, mais en 1971 descendeu á Suomi-sarja. En 1974 creouse a nova Primeira División e o SaPKo foi un dos equipos que participou na tempada inaugural. O SaPKo asentouse como equipo da I-divisioona excepto por algunha visita pola Segunda División. En 1968 o equipo conseguiu chegar ata a final da Suomi Cup, mais caeu fronte ao Koo-Vee por 10-2.
O seguinte gran éxito do club chegou na tempada 1994-95, cando realizou unha gran tempada regular con equipos como o capitán da selección canadiana Brian Tutt e conseguiu disputar a promoción de ascenso á máxima categoría, a SM-liiga. Xogou o play-off de ascenso fronte ao Ilves de Tampere, mais non puido acadar o ascenso. Logo deste éxito comezou unha caída que culminou co descenso á Suomi-sarja. A finais da tempada 2005-06, o SaPKo conseguiu finalmente a promoción á segunda categoría, a Mestis.
Xogadores [editar]
Números retirados [editar]
Xogadores destacados [editar]
Xogadores na NHL [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial (en finés)