Savage Garden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Savage Garden
Orixe Brisbane, Queensland, Australia Flag of Australia.svg
Período 19942001
Xénero(s) pop rock, pop, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s) Roadshow, Columbia Records, Sony BMG
Antigos membros Darren Hayes
Daniel Jones
Web oficial SavageGarden.com


Savage Garden foi unha banda de pop rock australiana formada por Darren Hayes (voz) e Daniel Jones (teclado, secuenciadores e guitarra) en Brisbane no ano 1994. O seu éxito internacional tivo lugar entre 1997 e 2001, acadando un feixe de números 1 con sinxelos como "Truly Madly Deeply", "I Want You", "To the Moon and Back", "The Animal Song" e "I Knew I Loved You". Os seus priemiros dous álbums, Savage Garden e Affirmation foron número 1 en Australia e chegaron ao top ten no Reino Unido e os Estados Unidos.

Discografía[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Venderon máis de 25 millóns de álbums e 15 millóns de sinxelos en todo o mundo.
  • Pasaron cinco anos na lista de álbums do Reino Unido, a pesar de ter só dous discos publicados.
  • Tiveron dez sinxelos Top 40 no Reino Unido. Destes, nove foron Top 20 e catro Top 10.
  • A canción "Affirmation", pechou a ceremonia dos xogos Olimpicos do 2000 de Sydney.
  • De media, Savage Garden vendeu 12'5 millóns de copias por álbum. Isto é máis que calquera outro artista australiano.

Savage Garden[editar | editar a fonte]

  • Estreouse no número 1 na lista de álbums Australian Aria onde pasou 7 semanas.
  • Estivo 102 semanas no UK Top 200 Albums (96 dos cales foron consecutivas), chegando ao número 2, despois do seu lanzamento marzo 1997

Afirmación[editar | editar a fonte]

  • Estreouse no número 1 na lista de álbums Australian Aria onde permaneceu durante 6 semanas.
  • Pasou 158 semanas no UK Top 200 Albums (99 dos cales foron consecutivas). Destes, 9 semanas consecutivas foron no Top 10 e 13 no Top 20.

"Truly Madly Deeply"[editar | editar a fonte]

  • Acadou o número 1 en Australia, onde permaneceu durante 8 semanas e gañou un disco de platino dobre.
  • Acadou a posición número 1 na lista Billboard Hot 100 e permaneceu no top 10 estadounidense durante 26 semanas.