Sava II de Serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Sava II
Свети Сава II
Sveti Sava II
Arcebispo de Serbia
Metropolita de Peć
Patriarca de Serbia (1263–1271)
Loza Nemanjica Decani e 5.jpg
Pintura mural de Sant Sava en Visoki Dečani
Nome completo Предислав Немањић,
Predislav Nemanjić
Nome en relixión Сава (Sava)
Nacemento 1201
Falecemento 1271
Predecesor Arsenije I
Sucesor Danilo I
Dinastía Dinastía Nemanjić
Pai Estevo II Nemanjić
Nai Eudoxia Anxelina
(en grego Ευδοκία Αγγελίνα),
(en serbio Evdokija)

San Sava II, en serbio cirílico Свети Сава II, en serbio latino Sveti Sava, nacido en 1201 como Предислав Немањић, Predislav Nemanjić e falecido en 1271, foi un príncipe serbio, o terceiro arcebispo do seu país e patriarca da Igrexa Serbia desde 1263 até a súa moirte en 1271.

Era fillo do rei Stefan II Nemanjić e de Eudoxia Anxelina, filla do emperador bizantino Aleixo III Anxo. Os seus irmáns foron Stefan Radoslav e Stefan Vladislav I, e Comnena Nemanjić. Era, por tanto, sobriño de San Sava (Sava I).

Bautizado como Predislav Nemanjić, moi mozo fíxose monxe, retirándose a facer vida eremítica, imitando ao seu tío, e tamén tomando o seu nome eclesiástico, Sava.

En 1263, á morte do patriarca Arsenio I (Arsenije I), foi nomeado metropolita de Peć e terceiro arcebispo da Igraxa Ortodoxa Serbia.

Foi canonizado pola Igrexa Serbia, que celebra a súa festa litúrxica o 21 de febreiro.