Saturnino Aller Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSaturnino Aller Rodríguez
Biografía
NacementoMesía, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de abril de 1923 Editar o valor em Wikidata
Ordes, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Deputación da Coruña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Saturnino Aller Rodríguez, nado en Mesía e finado en Ordes o 30 de abril de 1923,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Aller Carro, do Pazo da Casa da Vila en Castro (Mesía). Foi secretario de concello. Foi elixido deputado polo distrito de Ordes nas eleccións de 1905. Foi deputado provincial e presidente da Deputación da Coruña (1915-1919).


Predecesor:
José Pan de Soraluce
 
Presidente da Deputación da Coruña
 
1915 - 1919
Sucesor:
Valentín Molina Couceiro

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era irmán de Domingo Enrique Aller Rodríguez e tío de Ramón María Aller Ulloa e Jesús Aller Ulloa, os seus herdeiros.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A corporación de Ordes púxolle en 1923 o nome de Avenida Saturnino Aller á vía que vai desde O Recreo ata o cruzamento principal, que despois da sublevación do 18 de xullo de 1936 recibiu o nome de Avenida José Antonio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Ideal Gallego, 1-5-1923, p. 2.