Satureja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Segorellas (xénero Satureja)
Segorella de inverno (Satureja montana)
Segorella de inverno (Satureja montana)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Subfamilia: Nepetoideae
Tribo: Mentheae
Xénero: ''Satureja''
Tourn. ex Mill.
Especies

Véxase no texto

Sinonimia

As segorellas son especies pertences ao xénero Satureja spp. que conta cunhas 30 especies de herbas e arbustos na familia das lamiáceas, nativas das rexións temperadas do hemisferio norte. Varias especies de segorella utilízanse coma herbas aromáticas en gastronomía; en España úsanse acotío para adubar olivas.

Descrición[editar | editar a fonte]

As segorellas son anuais ou perennes, de pouca altura, con follas opostas, ovais a lanceoladas, de 1 a 3 cm de longo. Producen acios de floriñas axilares, abrancazadas a violáceas, non sen atractivo, polo que ás veces son empregadas coma enfeiteis ou coma ornamentais; florean entre agosto e setembro no hemisferio norte.

Prefiren solos secos, areentos, ben drenados, e cómpren de moito sol.

Especies[editar | editar a fonte]

Algúns autores inclúen no xénero a coñecida nébeda (Calamintha nepeta), coma Satureja calamintha.

Notaas[editar | editar a fonte]

  1. "Satureja". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. http://apps.kew.org/wcsp/synonomy.do?accepted_id=185420&repSynonym_id=-9998&name_id=185420&status=true.
  2. Nome vulgar galego n´Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística
  3. Nome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Satureja
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Satureja