Sardinops sagax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sardinops sagax
Sardinops sagax
Sardinops sagax
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Clupeiformes
Suborde: Clupeoidei
Familia: Clupeidae
Subfamilia: Clupeinae
Xénero: Sardinops
Hubbs, 1929 [1]
Especie: S. sagax
Nome binomial
Sardinops sagax
(Jenyns, 1842) [2]
Sinonimia
Referencia: [2]
  • Sardinops caerulea (Girard, 1854)
  • Sardinops caeruleus (Girard, 1854)
  • Sardinops dakini (Whitley, 1937)
  • Sardinops melanosticta (Temminck & Schlegel, 1846)
  • Sardinops melanostictus (Temminck & Schlegel, 1846)
  • Sardinops neopilchardus (Steindachner, 1879)
  • Sardinops ocellata (Pappe, 1853)
  • Sardinops ocellatus (Pappe, 1853)
Sardiñas do Pacífico.
Cardume de sardiñas de California.
Debuxo.


Sardinops sagax (Jenyns, 1842) é un peixe osteíctio mariño da familia dos clupeidos, dentro da orde dos clupeiformes, único representante do xénero Sardinops.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O xénero, Sardinops, deriva do de Sardina,[3] e da forma latina -ops, derivada do grego antigo ώψ óps, "vista", co significado de "parecido", "da mesma aparencia".[4]

O nome específico, sagax é un adxectivo latino, sagax, -acis, que significa "que ten o olfacto fino", "sagaz".[4]

Características[editar | editar a fonte]

Ten o corpo alngado e pode alcanzar os 39 cm de lonxitude, aínda que normalmente non pasa dos 20, e até 486 g de peso. A súa columna vertebral está composta de 48 a 54 vértebras. A aleta dorsal está sustentada por de 12 a 21 raios brandos, e a aleta anal, algo máis grande, conta con de 13 a 19 raios, así mesmo brandos. [4]

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Distribúese polas costas do Pacífico, desde o sur de Alasca até a Terra do Fogo, polas illas da Micronesia, sueste asiático, desde a China até Indonesia, Nova Zelandia, Australia, por todas as costas do norte do océano Índico, desde Indonesia até o cabo da Boa Esperanza, e incluíndo as illas índicas, e polo Atlántico sur, dobrando este cabo, até o sur de golfo de Guinea.[5]

É un peixe mariño, peláxico-nerítico, oceanódromo.[6] propio dos mares de clima subtropical (augas de 9 °C a 21°C; latitude de 61 °N a 47°S; loxitude de 145°W a 180 °E) que vive desde a superficie atá os 200 m de profundidade.[4] [7]

Os idividuos xuvenís aliméntanse principalmente de zooplancton (sobre todo copépodos), e os adultos de fitoplancton.[8]

A reprodución, como en todos os clupeidos, é ovípara, e os ovos son peláxicos, así omo as larvas.[9] Poden vivir até os 25 anos de idade.[8]

Outros sinónimos[editar | editar a fonte]

Non é de estrañar que unha especie que teña unha área de distribución tan ampla fora descrita en diversos puntos por diferentes autores, polo que, ademais dos sinónimos citados na caixa taxonómica ten os seguintes:[10]

  • Alausa californica (Gill, 1862)
  • Alosa musica (Girard, 1855)
  • Arengus sagax (Jenyns, 1842)
  • Clupanodon caeruleus (Girard, 1854)
  • Clupea advena (Philippi, 1879)
  • Clupea caerulea (Mitchill, 1815)
  • Clupea melanosticta (Temminck & Schlegel, 1846)
  • Clupea neopilchardus (Steindachner, 1879)
  • Clupea ocellata (Pappe, 1853)
  • Clupea sagax (Jenyns, 1842)
  • Meletta caerulea (Girard, 1854)
  • Sardina caerulea (Mitchill, 1815)
  • Sardina neopilchardus (Steindachner, 1879)

Así como tamén moitos outros sinónmimos vulgares:[11]

  • South American pilchard (sardiña sudamericana)
  • blue pilchard (sardiña azul)
  • Australian pilchard (sardiña autraliana)
  • Californian pilchard (sardiña de California)
  • Chilean sardine (sardiña chilena)
  • Japanese pilchard (sardiña xaponesa)
  • Pacific sardine (sardiña do Pacífico)
  • Southern African pilchard (sardiña sudafricana)

entre outros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sardinops Hubbs, 1929 en WORMS (en inglés)
  2. 2,0 2,1 Sardinops sagax (Jenyns, 1842) en WORMS(en inglés)
  3. Ver etimoloxía en Sardiña.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Sardinops sagax (Jenyns, 1842) ewn FishBase
  5. Ver mapa
  6. Riede, K. (2004): "Global register of migratory species - from global to regional scales". Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Alemaña,
  7. Kailola, P. J., M. J. Williams, P. C. Stewart, R. E. Reichelt, A. McNee e C. Grieve, (1993): Australian fisheries resources. Bureau of Resource Sciences. Canberra: Australia.
  8. 8,0 8,1 Baird, D. (1970): "Age and growth of the South African pilchard, Sardinops ocellata". Invest. Rep. Div. Sea Fish. S. Afr. 91: 1-16.
  9. Davies, D. H. (1956): "The South African pilchard (Sardinops ocellata). Sexual maturity and reproduction 1950-1954". Invest. Rep. Div. Sea Fish. S. Afr. 22: 1-155.
  10. Sardinops sagax en WORMS (en inglés)
  11. Froese, Rainer e Pauly, Daniel eds. (2006): "Sardinops sagax" en FishBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sardinops sagax

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]