Sardeña - Sardigna

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Cagliari, centro administrativo e maior cidade de Sardeña.
Cagliari, centro administrativo e maior cidade de Sardeña.
Regione Autonoma della Sardegna
Regione Autonoma de sa Sardigna

Rexión Autónoma da Sardeña
Escudo de Sardeña
Capital Cagliari
Presidente Renato Soru (l'Ulivo)
Provincias Cagliari
Nuoro
Oristano
Sassari
Municípios 377
Área 24,090 km²
 - Clasificación 3º (8 %)
Poboación (2001)
 - Total

 - Clasificación
 - Densidade


1,631,880
11º (2,9 %)
68/km²
Imaxe:Italy_Regions_Sardinia_Map.png
Localización da Sardeña en Italia.


A Sardeña (Sardigna en sardo, Sardegna en Italiano) é unha illa do mar Mediterráneo pertencente á Italia. Foi sucesivamente poboada por fenicios, cartaxineses, romanos, árabes, bizantinos,cataláns, españois, savoianos e italianos. A Sardeña ten 24,090 km2, sendo así a segunda maior illa mediterránea, e unha poboación de 1,65 millóns. Foi chamada de "Ichnusa" pelos Fenicios e "Sandalyon" pelos Gregos, porque a sua forma lembra unha pisada.


Índice

[editar] Xeografía

Provincias de Sardeña.
Provincias de Sardeña.

A Sardeña é unha rexión autónoma italiana. A sua capital é Cagliari. A illa está dividida en oito provincias: Cagliari, Sassari, Nuoro, Oristano, Olbia-Tempio, Ogliastra, Carbonia-Iglesias e Media Campidano.

A Sardeña é unha das duas rexións das que os seus habitantes foron denominados "popolo" (i.e. unha poboación distinta) polo Parlamento Italiano. A outra rexión é o Veneto.

[editar] Localidades Sardas

[editar] Capitais de Provincia


[editar] Outras localidades

[editar] Turismo

A illa conta con varias zonas de turismo extraordinarias, incluíndo a Costa Smeralda e Gennargentu. A illa é particularmente famosa polas súas praias, se ben goza doutros lugares interesantes.

[editar] Clima

O clima é esencialmente mediterráneo, con primaveras e outonos mornos, veráns moi quentes e invernos lenes. Esta illa sofre hai xa algúns anos de seca.

[editar] Linguas

As linguas mais faladas na Sardeña son o italiano e o sardo, un romance con influencias do fenicio, do etrusco e doutras linguas do oriente próximo. Aínda que estea en perdendo falantes, principalmente nos novos de Cagliari, cara ao italiano, debido a razóns oficiais, segue a ser moi falada.

Nas rexións norteñas de Gallura e Sassari, a lingua falada non é o sardo senón que unha variante do corso. Na illa de San Pietro (San Pedro), fálase o dialecto liguriano de Xénova. En Alghero, ao norte, fálase tamén un dialecto medieval do catalán (O seu nome en catalán é L'Alguer), lembrándonos que a illa foi unha colonia catalá.

[editar] Negocios e comercio

Na Sardeña, tal como en Italia, a moeda é o euro, mais os sardos aínda se referen, non oficialmente, ao su Francu (ou "su Pidzu"); 1 francu=1.000 liras italianas.

Varias minas de ouro e prata continúan operacionais.

Hoxe en día, o seu foco económico é o turismo, a industria, o comercio, os servizos e a tecnoloxía de información. Outra economía en crecemento é o viño famoso, tal como a gastronomia.

[editar] Transportes

Hai trens na Sardeña que fan a conexión de toda a illa mais son un pouco lentos, algúns de vía estreita.

[editar] Ambiente

Sardeña é un ben ambiental precioso, protexendo decenas de especies de animais e plantas raros.

[editar] Historia

A historia da Sardeña data de moi antigo: no 1979, foron datados vestixios humanos do 150.000 a.C.

Na Prehistoria os habitantes da Sardeña establecéronse e comercializaron obsidiana, unha pedra usada na produción de ferramentas toscas, e este comercio revelou algúns contactos entres os sardos e a maior parte dos mediterráneos.

Entre o Neolítico e a época do Imperio Romano, deuse a civilización nuráxica. Mesmo actualmente, 7.000 anos depois, Nuraghe sobrevive. Hai suspeitas de que a misteriosa poboación Shardana chegou á Sardeña, vindo do Mediterráneo Oriental, por volta do século 20 a.C. Pouco se sabe sobre esta xente, da que o nome (que provabelmente significa Xentes do Mar) foi atopado nunhas inscricións exipcias e as maiores hipóteses son avanzadas segundo algúns estudos lingüísticos. Segundo esas, este pobo partira de Sardis (Lidia) e atinxiu o Mar Tirreno, gañando relacións con sardos e Etruscos.

A partir do 1000 a.C., mariñeiros fenicios estabeleceron varios portos na costa sarda. En 509 a.C., a guerra estalou entre os nativos e mailos fenicios. Os colonos pediron axuda a Cartago, e a illa sarda tournouse parte do Imperio Cartaxinés. No 238 a.C., depois de ser derrotada pola República Romana durante a Primeira Guerra Púnica, Cartago cedeu Sardeña a Roma.

De 456 a 534, a Sardeña fixo parte do curto imperio dos vándalos no Norte de África, ata ser reconquistada por Xustiniano, emperador bizantino. Baixo dominio de Bizancio, o representante imperial gobernaba a partir de Caralis mais ese goberno era practicamente inexistente na rexión montañosa de Barbagia, na parte oriental da illa, onde un reino bárbaro persistiu por nove séculos.

Comezando o Século 8, os árabes e bérberes realizaron varios ataques á Sardeña. Especialmente depois da conquista da Sicilia en 832, os bizantinos eran incapaces de defender efectivamente o seu territorio mais afastado, e o gobernador local asumíu unha autoridade independente. Para mellor defensa, dividíu a illa en catro Giudicati, Gallura, Logudoro, Arborea e Caralis. No 900, eses distritos tornáronse catro monarquías constitucionais independentes. Por varias veces, caíron no poder de Xénova ou de Pisa. En 1323, o Reino de Aragón comezou unha campaña para conquistar a Sardeña; o giudicato de Arborea resistíu e, por un tempo, case gobernou a totalidade da illa mais, a sua última gobernadora, Eleonora di Arborea foi derrotada polos aragoneses na decisiva Batalla de Sanluri, o 30 de xuño do 1409. Os nativos de Alghero (S'Alighera en Sardo, L'Alguer en Catalán) foron expulsados e a cidade foi repoboada polos invasores cataláns, cuxos descendentes ainda falan catalán.

[editar] Reino da Sardeña

En 1720, a Sardeña tornouse un reino independente baixo a Casa de Savoia, os gobernadores de Piemonte. Co Reunificación de Italia, no 1860, o reino sardo tornou ser parte de Italia.


Rexións de Italia Bandeira de Italia

Abruzzo | Basilicata | Calabria | Campania | Emilia-Romagna | Friuli-Venecia Giulia | Lacio | Liguria | Lombardía | Marche | Molise | Piemonte | Puglia | Sardeña | Sicilia | Toscana | Trentino-Alto Ádige | Umbria | Valle d'Aosta | Véneto

Ferramentas persoais