Sarah Trimmer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sarah Trimmer

Sarah Trimmer, nada o 6 de xaneiro de 1741 e finada o 15 de decembro de 1810, foi unha escritora e crítica de literatura infantil británica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu xornal, The Guardian of Education, axudou a definir o xénero emerxente, facendo crítica de literatura infantil de forma oficial por vez primeira; tamén creou a primeira recensión histórica da literatura para cativos, estabelecendo un punto de referencia do xénero que os historiadores seguen a empregar na actualidade. O seu libro infantil máis popular, Fabulous Histories, inspirou varias historias infantís e seguiu entrando no prelo durante máis dun século.