Sapporo - 札幌

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Situación de Sapporo ha illa de Hokkaido

Sapporo (札幌市, さっぽろし Sapporo-shi en xaponés) é a quinta maior cidade do Xapón, situada na illa de Hokkaidō. É a capital da prefectura de Hokkaidō. Ten preto de 2.25 millóns de habitantes.

Foi designada cidade por mandato gobernamental o 1 de abril de 1972. É servida polo Aeroporto de Chitose.

Ficheiro:Sapporo Snow Festival 0063.jpg
Un edificio de xelo iluminado por dentro, no Festival de neve de Sapporo.

Organizou os primeiros Xogos Olímpicos de Inverno da Asia, que comezaron o 3 de febreiro de 1972. O maior evento anual de Sapporo é o Festival de neve en febreiro, coñecido pola súa competición de esculturas no xelo.

No Xapón, Sapporo é coñecido como a sede da cervexa Sapporo e do ramen con sabor a miso. O barrio de diversións e entretenimento de Susukino está entre os maiores e máis coñecidos do Xapón.

A cidade ten os seguintes barrios: Chuo-ku, Kita-ku, Higashi-ku, Shiroishi-ku, Toyohira-ku, Minami-ku, Nishi-ku, Atsubetsu-ku, Teine-ku, Kiyota-ku.

[editar] Cidades irmandadas

[editar] Ligazóns externos

Ferramentas persoais