Santuario de Santa María de África

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario de Santa María de África
PaísImperio Portugués e España
Coordenadas35°53′20″N 5°19′00″O / 35.888841, -5.316601Coordenadas: 35°53′20″N 5°19′00″O / 35.888841, -5.316601
DioceseDiocese de Cádis e Ceuta
Estiloarquitectura barroca
editar datos en Wikidata ]
Vista nocturna do Santuario

O Santuario de Santa María de África é un templo católico de Ceuta, consagrado á imaxe da Virxe de África, patroa da cidade autónoma.

Historia[editar | editar a fonte]

Tras o envío da imaxe da Virxe de África a Ceuta en 1421 por parte de Henrique o Navegante, constrúese un primeiro templo en honor da imaxe. O primitivo templo identificaríase, ao parecer, coa cabeceira do santuario actual, aínda que na súa fábrica non se advirte ningún vestixio da obra medieval.

O actual santuario ten unha morfoloxía barroca. As primeiras noticias sobre obras no edificio datan do ano 1676, cando hai que habilitar o santuario como sede provisional do cabido catedralicio ante o estado de ruína da primitiva igrexa catedral debido aos danos causados polo Sitio ao que nese momento era sometida a cidade. Durante a primeira metade do século XVIII realizouse un amplo proceso de obras, que debeu de darlle a este a fisionomía que presenta actualmente, polo menos no seu interior.

Ten unha planta rectangular con tres naves, máis ancha e alta a central, divididas en cinco tramos, ás que se pega cabeceira tripartita, composta á súa vez pola capela maior e dous colaterais, todas elas rectangulares. A esta cabeceira péganse a sancristía e outras dependencias do templo. No camarín do altar maior é onde se encontra a imaxe de Santa María de África, a talla aparece sentada con Xesucristo morto nos seus brazos e coroada cunha coroa imperial e ricos mantos bordados en ouro. Ten varios mantos de diferentes cores que se cambian segundo os tempos litúrxicos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]