Santuario Virxe da Pena de Congosto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario Virxe da Pena de Congosto
PaísEspaña
Coordenadas42°37′09″N 6°31′19″O / 42.619117, -6.521844Coordenadas: 42°37′09″N 6°31′19″O / 42.619117, -6.521844
editar datos en Wikidata ]

O Santuario Virxe da Pena é un templo relixioso situado no cumio da montaña que preside o chairo sobre o que se estende a localidade de Congosto (Provincia de León), no centro da bisbarra do Bierzo.

Historia[editar | editar a fonte]

As súas orixes son do século XIII, cando se construíu unha pequena ermida. Este templo foise ampliando, principalmente polo paso do Camiño de Santiago por este lugar naquela época.

Tras un período de auxe, entre os séculos XIV ao XVIII, abeirando mesmo un convento, chegou un tempo de decadencia coa entrada das tropas de Napoleón no século XIX, e máis tarde, no ano 1936, acabou sendo destruído polo lume. Rapidamente o concello mostrou interese por reconstruír o Santuario, pero houbo que esperar ata o ano 1957, cando a familia alemá Honingman-Bayer axudou a que a reconstrución fose unha realidade.

En 1995 creouse a "Irmandade Virxe da Pena", que segue a súa traxectoria de axuda para fomentar a devoción e o culto a esta Virxe da Pena, organizando actos socioculturais e traballando pola conservación do Santuario.