Santos Oujo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Santos Oujo Bello")
Santos Oujo Bello, nado en Ribeira o 20 de xuño de 1943, é un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria [editar]
Foi director xeral do servizo de Autoestradas e Autovías. Foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985), por Coalición Galega (1985-1993) e polo PSdeG-PSOE (1993-1999). Foi un dos fundadores de Coalición Galega e conselleiro de Industria, Comercio e Turismo entre 1987 e 1990. Foi membro do consello de administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.
| Predecesor: Luciano Asorey |
Conselleiro de Industria, Comercio e Turismo 1987 - 1990 |
Sucesor: Juan Fernández García |