Antonio de Padua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Santo Antón de Padua»)
Antonio de Padua
Nome completoFernandus
Nacemento15 de agosto de 1195
Lugar de nacementoLisboa
Falecemento13 de xuño de 1231
Lugar de falecementoPadua
SoterradoBasílica de Santo Antonio de Padua e Italia
NacionalidadeReino de Portugal
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpresbítero
Na rede
Musicbrainz: e84e07e7-f3d2-48a5-9d24-1d8b87379846 Find a Grave: 5118 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Santo Antonio de Lisboa ou santo Antonio de Padua, nado en Lisboa o 15 de agosto de 1195 e finado en Padua o 13 de xuño de 1231, foi un relixioso portugués, considerado santo pola Igrexa católica romana, festexado o día 13 de xuño. Foi un dos doutores da Igrexa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Lisboa, nunha familia nobre, aprendeu as disciplinas de Agostiño de Hipona antes de entrar nos franciscanos. Foi de misioneiro a Marrocos pero tivo que ser repatriado en 1221 por problemas de saúde. Viviu un ano nunha cova. Aprendeu e ensinou teoloxía en Italia, principalmente en Bologna, despois estableceuse no sur de Francia. Fundou un mosteiro en Brive, onde fixo numerosas conversións. De volta en Italia, sobre o 1227, foi enviado a Padua. Foi canonizado polo papa Gregorio IX un ano despois da súa morte.

O culto a santo Antonio de Padua espállase sobre todo nos século XV e XVI. Converteuse no santo patrón de Portugal, dende onde os exploradores o deron a coñecer ó mundo enteiro. É tamén o patrón dos mariñeiros, dos náufragos e dos prisioneiros.

A partir do século XVII, santo Antonio de Padua é igualmente invocado para atopar os obxectos perdidos, despois para recuperar a saúde, e ó final, para que se cumpra un desexo. A idea de invocar a santo Antonio para atopar obxectos perdidos vén do feito de que un ladrón que lle roubara os seus comentarios sobre os salmos viuse obrigado a devolverllos.

Numerosos episodios sobrenaturais sonlle atribuídos, como ter durante unha noite o Neno Xesús no colo.

Representacións artísticas[editar | editar a fonte]

Na Idade Media, as representacións de Santo Antonio de Lisboa son bastante raras, pero vólvense correntes a partir do século XIV. As máis das igrexas contan hoxe cunha estatua deste santo. É xeralmente representado como un home vestido co hábito franciscano atado por un cordel de tres nós.

Represéntase a miúdo predicando ás xentes ou ós peixes, en conversa con San Francisco, guerreando cos malvados, poñendo no seu sitio a perna dun home que a cortara en signo de penitencia, facendo axeonllarse unha burra diante da Sagrada Forma para convencer a un xudeu que dubidaba da presenza de Deus nesta oblea, ou aínda asistindo á aparición da Virxe e do Neno Xesús (sentado ou de pé sobre un libro).

Os seus principais atributos son o hábito franciscano, o Neno Xesús, unha burra, un libro, peixes, un corazón en chamas...

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]