Santo André, Brasil
|
|
|||
| Estado | São Paulo | ||
| Superficie | 175 km² | ||
| Poboación Densidade |
673 234 (2006) 3.850,6/km² |
||
| Altitude | 755 msnm | ||
| Latitude | 23° 39' 50" S | ||
| Lonxitude | 46° 32' 18" O | ||
| Distancia de São Paulo | 18 Km | ||
| Código postal (CEP) | 09000-000 | ||
| Administración municipal: | Prefeitura Municipal de Santo André - Praça IV Centenário, 01 - Paço Municipal | ||
| Internet: | www.santoandre.sp.gov.br | ||
| Alcalde (Prefeito) | João Avamileno | ||
| Mapa en San Paulo | |||
|---|---|---|---|
Santo André é unha importante cidade industrial e comercial na Rexión Metropolitana de Sao Paulo. Co crecemento industrial brasileiro das décadas de 1950 e 1960, a cidade recibeu industrias de pezas para automóbiles, equipamentos eléctricos e motores, produtos químicos, pezas de plástico, téxtiles, e outras e, a partir de entón, tivo un gran crecemento poboacional. É hoxe unha das máis grandes cidades do estado e, a pesar de algunhas industrias teren cerrado as súas fábricas na cidade (despois de que os terrenos para expansión foran escasos) e as teren transferido a outros puntos do Brasil, o comercio e os servizos da cidade permaneceron e diversificáronse.
Por ser veciña á cidade de Sao Paulo, unida a esta por diversos medios de transporte (ferrocarril, ómnibus), e os seus límites xeográficos confundírense, mesmo os seus habitantes que traballan na capital fan compras e pagan os seus impostos na cidade, ademais de seren utilizados os seus servizos por persoas de cidades veciñas, inclusive da capital. Así, a súa dinámica económica permanece.
Pertence á cidade o antigo distrito de Paranapiacaba, xurdido coa instalación do ferrocarril que uniu a cidade de Santos a Jundiaí en 1872. Era un acampamento dos traballadores da construción e dos enxeñeiros ingleses que proxectaron o ferrocarril. A estación do ferrocarril na vila de Paranapiacaba ten una curiosa copia do reloxo Big Ben, ademais dun museo ferroviario.