Santiago del Estero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Santiago del Estero[1][2] é unha cidade do norte de Arxentina, capital da provincia homónima. Atópase nunha vasta chaira, sobre a marxe dereita do río Dulce. A súa poboación é de 230.614 habitantes que, unidos aos da súa área metropolitana, que inclúe a cidade de La Banda, ascende a 327.974 (2001).

Aínda que non foi a primeira cidade que fundaron os españois no territoria da actual Arxentina, si é a máis antiga que logrou sobrevivir, e dela partiron numerosas expedicións que estableceron outros asentamentos.

Posúe interesantes edificios, como a Catedral, o Convento de Santo Domingo e o Museo Arqueolóxico Provincial. É sede de dúas universidades e dunha diocese católica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para santiagueño.
  2. Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1887. ISBN 9788482893600.