Santiago das Caldas, Ourense
| Santiago das Caldas | |
|---|---|
| Concello: | Ourense |
| Área: | - km² |
| Poboación: | (Ano 2005) 20.000 hab. |
| Densidade: | - hab./km² |
| Entidades de poboación: | 5 |
Santiago das Caldas é unha parroquia do concello de Ourense. Hoxe é unha parroquia totalmente urbana, incardinada na marxe dereita do río Miño na cidade de Ourense.
Índice |
[editar] Xeografía
O número de habitantes desta Parroquia anda preto dos 20.000 e nela localízanse a estación principal de ferrocarril de Ourense (coñecida como Estación de Ourense - Empalme), a estación de autobuses, a comisaría da policía local, o campo da feira, o parque de bombeiros, diversos centros educativos, un Centro de Saúde e as Burgas das Caldas (rebautizadas modernamente como Termas da Chavasqueira).
[editar] Historia
Historicamente esta parroquia pertencía ó Coto de San Miguel de Canedo. Comprende a entidade de poboación que en tempos se coñecía como Ponte Canedo, o núcleo principal do antigo Concello de Canedo que en 1943 quedou anexionado ó Concello de Ourense.
Desta parroquia e debido os incrementos demográficos e a expansión da cidade foron segregadas dúas zonas como parroquias novas: en 1954 a de Santa Ana do Pino e en 1969 a de Santa Teresita (no Vinteún e barrios adxacentes.)
[editar] Patrimonio
A igrexa parroquial primitiva estaba ó lado do cemiterio das Caldas, pero foi substituída por un templo novo, sito na Avenida das Caldas, número 16, inaugurado o 28 de novembro de 1920. Foi o seu autor o arquitecto vasco Xosé María de Basterra, quen se atopaba en Ourense neses anos reformando o Seminario de San Fernando. É o autor da igrexa dos xesuítas e da igrexa de Nosa Señora de Begoña, ambos en Bilbao. Os seus deseños están inspirados na arte gótico como se deixa ver neste templo de Santiago das Caldas. Os retablos son do escultor galego Máximo Magariños.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Santiago das Caldas
| Lugares da parroquia de Santiago das Caldas no concello de Ourense | |
|---|---|
|
Bobadela | Casteadona | O Paraíso | Pombal | Reza Vella |