Santiago Morán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSantiago Morán
Biografía
Nacementoc. 1571 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Viana do Bolo Editar o valor em Wikidata
Morte1626 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Madrid Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosSantiago Morán Cisneros Editar o valor em Wikidata

Santiago Morán "el Viejo", nado en Viana do Bolo, Ourense, circa de 1571 e finado en Madrid en 1626, foi un pintor de cámara.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

La infanta Margarita Francisca, cara a 1610, óleo sobre lenzo (100 x 72 cm.), Museo do Prado.

Discípulo e colaborador de Juan Pantoja de la Cruz, ocupou a praza de pintor de cámara de Filipe III ao quedar esta vacante á morte de Pantoja en 1609. Como pintor de cámara están documentados algúns retratos que fixo do rei e dos membros da familia real, inda que asemella que só se conservou o retrato da infanta Margarida Francisca, filla de Filipe III, atribuído a el no Museo do Prado.[1] Tamén, segundo os documentos, destacou como pintor de aves. En 1612 recibiu o encargo de copiar algunhas das pinturas que a raíña Margarida de Austria encargara traer de Florencia para o retablo maior e colaterais do convento das Descalzas Reais de Valladolid, pinturas que sufriran graves danos na viaxe. Segundo investigacións recentes parece probable, con todo, que Morán se limitase a restaurar, e quizais non pola súa propia man, estas pinturas conservadas in situ. Da súa produción, descontados estes cadros, queda unicamente unha Imposición da casula a San Ildefonso en colección particular ata que foi adquirido polo Estado en 2016 con destino ao Museo do Prado.

É pai do pintor Santiago Morán Cisneros.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]