Santa María la Blanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arcos de ferradura no interior do edificio
Santa María la Blanca, Heliogravure 1889

Santa María la Blanca está situada na cidade de Toledo. Construída no século XII como sinagoga, foi posteriormente transformada en igrexa. Na actualidade o edificio pertence á Igrexa Católica, pero non se realiza culto nel. Atópase aberto ao público e funciona como museo.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Construído no 1180 (segundo testemuña a inscrición visible nunha das súas trabes, este edificio mudéxar posúe cinco naves separadas por piares sobre os que descansan arcos de ferradura. Se ben existe certo contraste entre a sobriedade do exterior da sinagoga e o seu elaborado interior, o edificio presenta non pouca austeridade. Conforme á tradición oriental, o mesmo 'vive' para o interior. Esta sinagoga tivo considerable influencia sobre outras sinagogas españolas; tal é o caso, por exemplo, da sinagoga de Segovia.

Estilo[editar | editar a fonte]

Sinagoga de Santa María la Blanca1.jpg

Trátase dunha construción mudéxar, creada por canteiros árabes. Os seus elementos de arquitectura inclúen paredes brancas e lisas, feitas de ladrillo, arcos de ferradura e piares octogonais, decoración xeométrica nos frisos e vexetal nos capiteis dos piares. Todas estas características e a distribución dos espazos, coas súas naves formadas pola sucesión de arcos de ferradura soportados por piares, tenden a lembrar a tipoloxía propia dunha mesquita. Non obstante, no século XIX, a articulación interior e estilo mourisco de Santa María la Blanca serviron de modelo para importantes sinagogas europeas e americanas.

Os trinta e dous piares deste templo son de ladrillo recuberto por cemento e cal. Ornados de piñas e volutas, os seus capiteis denotan influencia da arte románico. Por riba dos arcos de ferradura prevalece a ornamentación abstracta en frisos horizontais que inclúe molduras con delicados motivos baseados na interacción de liñas e medallóns. Os entrelazados xeométricos formados polas liñas son de orixe almohade.

Historia[editar | editar a fonte]

Santa Maria la Blanca.jpg

En 1260, a comunidade xudía de Toledo obtivo un permiso extraordinario do rei Afonso X para reconstruír "a maior e máis fermosa sinagoga de España", sendo isto oposto a unha bula do Papa Inocencio IV. O edificio foi erixido en territorio cristián (Reino de Castela) por construtores árabes e tivo como comitente e financista á comunidade xudía de Toledo, representada por don Yosef ben Shoshan. Unha vez acabado, o edificio foi denominado "Sinagoga Maior" pois era o principal centro de culto hebreo na cidade. Xa desde os seus inicios, ese templo formaba parte das dez sinagogas toledanas tidas en conta por Yehuda ben Shlomo al-Jarizi nos seus escritos do século XII.

"Vin á extensa cidade de Toledo, capital do reino, que está revestida do encanto da dominación e ornada coas ciencias, mostrando aos pobos e príncipes a súa beleza. [...] Cantas sinagogas hai nela de beleza incomparable! Alí toda o alma loa ao Señor".

Durante anos os hebreos acudiron á Sinagoga Maior para orar e estudar a Torá, mais isto foi interrompido polo asalto á xudaría en 1355, así coma polas matanzas en 1391. O edificio foi convertido en igrexa da Orde de Calatrava baixo a advocación da Virxe en 1411 e, desde entón, se denominouno "Igrexa de Santa María a Branca". En 1550, o cardeal Siliceo transformouna nun beaterio para mulleres arrepentidas de ter unha conduta socialmente considerada coma indecorosa. De entón data o retablo da escola de Alonso Berruguete. As transformacións no encabezamento do edificio son desta época e estiveron a cargo do arquitecto Alonso de Covarrubias. Entre 1600 e 1701 o edificio permaneceu desocupado. Durante o século XVIII foi cuartel das tropas da guarnición de Toledo. Coa invasión napoleónica de principios do século XIX converteuse en depósito. A mediados do mesmo século foi declarado Monumento Histórico Nacional e, trala Guerra Civil española, un Real Decreto do Goberno cedeuno á Igrexa Católica. Con todo, non é para nada inusual referirse a dito edificio como a "Sinagoga de Santa María a Branca".

Singularidade[editar | editar a fonte]

O templo en cuestión constitúe un importante exemplo de cooperación entre as tres grandes comunidades monoteístas da España medieval: cristiá, hebrea e musulmá. É tamén símbolo da súa pacífica coexistencia na Península Ibérica ao longo de case toda a Idade Media.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santa María la Blanca

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]