Santa Cruz de Moeche, Moeche
Coordenadas: 43°33′17.61″N 7°56′47.88″W / 43.5548917°N 7.9466333°W
| Santa Cruz de Moeche | |
|---|---|
| Moeche. | |
| Concello | Moeche |
| Área | 8,6 km² |
| Poboación | 156 hab. (2012) |
| Densidade | 18,14 hab./km² |
| Entidades de poboación | 24 |
Santa Cruz de Moeche é unha parroquia que se localiza no concello de Moeche. Segundo o padrón municipal de 2012 ten 156 habitantes distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 195 habitantes. A poboación da parroquia está en continuo descenso, xa que aínda que hai algúns nacementos, son superados amplamente polas mortes.
Índice |
Xeografía [editar]
Santa Cruz de está situada no concello de Moeche, na zona de Ferrolterra na provincia de A Coruña, Galicia. Linda coas parroquias de Labacengos e San Xurxo de Moeche, Moeche, e os concellos das Somozas e Cerdido. Encontrase separada do concello das Somozas polo río Poulo, afluente do Río Grande de Xuvia, e que é comunmente coñecido como o río Cego. Santa Cruz encóntrase maioritariamente cuberta de bosque excepto en zonas con alta concentración parcelaria, que se atopan cubertas de cultivos ou herba que se aproveita para o gando. A economía local céntrase basicamente na gandería e no aproveitamento forestal. Das antigas minas de cobre poden aínda atoparse as galerías subterráneas que foron creadas para a extracción do mineral e que agora están esgotadas.
Patrimonio [editar]
Santa Cruz conta cunha igrexa de estilo barroco do século XV dedicada a Santo Antonio, no lugar do Retorno (esta igrexa conta ademais con un cruceiro da mesma época situado a escasos metros dela), con unha ermida do mesmo estilo dedicada a San Cibrao (recentemente restaurada) e un castro celta aínda sen escavar, no lugar do Castro.
Festas [editar]
En Santa Cruz celébranse tres festas:
- O Carme, o 16 de xuño na igrexa.
- O San Martiño o 11 de novembro, tamén na igrexa.
- O San Cibrao, na capela á que está adicado.
Estas festas son organizadas polos veciños, que aportan o capital para contratar a orquestra.
Galería de imaxes [editar]
-
Panorámica de Santa Cruz de Moeche (ao fondo pódense apreciar polígonos industriais e aeroxeradores pertencentes ao concello de As Somozas).
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Santa Cruz de Moeche [editar]
| Lugares da parroquia de Santa Cruz de Moeche no concello de Moeche (A Coruña) | |
|---|---|
|
Os Acivros | Albariza | Alcibrai | Amosa | Aquelabanda | Belocoi | Cardal | Carracedo | Casanova | Casatellada | O Castro | Confurco | Ermida | Esabanda | A Lagoa | Loureiro | Panda | Porto da Pena | O Retorno | Senra | Soutullo | Suomonte | Tellado | O Vilar | Vilazanche |
Parroquias de Moeche [editar]
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Moeche | |
|---|---|
|
Abade (Santiago) | Labacengos (Santa María) | San Xoán de Moeche (San Xoán) | San Xurxo de Moeche (San Xurxo) | Santa Cruz de Moeche (Santa Cruz) |