Santa Comba, Lobeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Comba
ConcelloLobeira[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°58′25″N 8°00′14″O / 41.97358333, -8.004Coordenadas: 41°58′25″N 8°00′14″O / 41.97358333, -8.004
Poboación49 hab. (2022)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

San Trocado de Santa Comba é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 62 habitantes, dos cales 27 eran homes e 35 mulleres.

Santa Comba na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Dos Chaus a Facós/ todo é parola:/ elí está tocando/ o gaiteiro a viola [2].
  • Eu esquirbinche unha carta/ na ala dunha paloma:/ lévalle moitas lembranzas/ ás mozas de Santa Comba [3].
  • No lugar de Fradalvite/ amores hei de tomar/ ou na entrada ou na saída/ ou no medio de lugar [4].
  • No lugar de Fradalvite/ non entra carro ferrado/ se non o trai Elisiña/ co burriño polo rabo [5].
  • O lugarciño dos Chaus/ heino de fundir a tiros:/ as balas han de ser ouro/ i as municiós de sospiros [6].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Santa Comba[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Santa Comba no concello de Lobeira (Ourense)

Chaos | Fradalvite

Parroquias de Lobeira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Lobeira

A Fraga (San Bartolomeu) | Lobeira (San Vicente) | Monte Longo (Santa Cristina) | Parada (Santa Eufemia) | San Martiño de Grou (San Martiño) | San Xes de Vilariño (San Xes) | Santa Comba (San Trocado) | Santa Cruz de Grou (Santa Cruz)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72). Chaos é lugar da parroquia de Santa Comba, no concello de Lobeira; Facós é lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, do mesmo concello.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 81. No orixinal: de unha. Hai unha Santa Comba en Bande e outra en Lobeira. Non sabemos a cal das dúas se referirá a cantiga.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. No orixinal: salida. Fradalvite é un lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, no concello de Lobeira, parroquia dividida polo límite de dous concellos (Lobeira e Bande). Non obstante, Xaquín Lorenzo di que é “lugar da parroquia de San Martiño de Grou” (px. 289).
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. No orixinal: nono.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119. Chaos é lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, no concello de Lobeira; Xaquín Lorenzo di que tamén pode referirse a un lugar chamado Chaus da Limia, en San Trocado de Santa Comba, parroquia do concello de Bande, pero este segundo non consta no Nomenclátor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]