Santa Cruz de Moeche, Moeche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Cruz de Moeche
Moeche.
ConcelloMoeche[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°33′18″N 7°56′48″O / 43.55489167, -7.94663333Coordenadas: 43°33′18″N 7°56′48″O / 43.55489167, -7.94663333
Área8,6 km²
Poboación135 hab. (2018)
Densidade15,7 hab./km²
Entidades de poboación24[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Cruz de Moeche é unha parroquia que se localiza no concello de Moeche. Segundo o padrón municipal de 2018 ten 135 habitantes (60 homes, 75 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 195 habitantes. A poboación da parroquia está en continuo descenso, xa que aínda que hai algúns nacementos, son superados amplamente polas mortes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Santa Cruz de Moeche está situada na zona de Ferrolterra (provincia da Coruña). Linda coas parroquias de Labacengos e San Xurxo de Moeche, Moeche, e os concellos das Somozas e Cerdido. Encóntrase separada do concello das Somozas polo río Poulo, afluente do Río Grande de Xuvia, e que é comunmente coñecido como o río Cego.

Santa Cruz encóntrase maioritariamente cuberta de bosque excepto en zonas con alta concentración parcelaria, que se atopan cubertas de cultivos ou herba que se aproveita para o gando. A economía local céntrase basicamente na gandería e no aproveitamento forestal. Das antigas minas de cobre poden aínda atoparse as galerías subterráneas que foron creadas para a extracción do mineral e que agora están esgotadas.

Unha das galerías mineiras abandonadas.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Santa Cruz conta cunha igrexa de estilo barroco do século XV dedicada a Santo Antonio, no lugar do Retorno (esta igrexa conta ademais cun cruceiro da mesma época situado a escasos metros dela), cunha ermida do mesmo estilo dedicada a San Cibrao (recentemente restaurada) e un castro celta aínda sen escavar, no lugar do Castro.

Festas[editar | editar a fonte]

A igrexa da parroquia.

En Santa Cruz celébranse tres festas:

  • O Carme, o 16 de xullo na igrexa.
  • O San Martiño o 11 de novembro, tamén na igrexa.
  • O San Cibrao, na capela á que está adicado.

Estas festas son organizadas polos veciños, que achegan o capital para contratar a orquestra.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Santa Cruz de Moeche[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Santa Cruz de Moeche no concello de Moeche (A Coruña)

Os Acivros | Albariza | Amosa | Aquelabanda | Belocoi | Cardal | Carracedo | Casanova | Casatellada | O Castro | Confurco | Ermida | Esabanda | A Lagoa | Loureiro | Panda | Porto da Pena | O Retorno | Senra | Soutullo | Suomonte | Tellado | O Vilar | Vilazanche

Parroquias de Moeche[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Moeche

Abade (Santiago) | Labacengos (Santa María) | San Xoán de Moeche (San Xoán) | San Xurxo de Moeche (San Xurxo) | Santa Cruz de Moeche (Santa Cruz)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]