Sant Vicent del Raspeig
| Sant Vicent del Raspeig | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano |
| Provincia: | Alacant |
| Comarca: | Alacantí |
| Xeografía | |
| Altitude: | 109 msnm |
| Superficie: | 40,55 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 51.507 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 1.270,21 hab./km² |
| Xentilicio: | Sanvicenteiro/a |
| Información | |
| Código postal: | 03690, 03699 |
| Alcalde: | Luisa Pastor Lillo (PP) |
| Sitio na web: | www.raspeig.es |
Sant Vicent del Raspeig (en castelán: San Vicente del Raspeig) é un concello do País Valenciano situado no noroeste da área metropolitana de Alacant, da provincia de Alacant. Conta con 51.507 habitantes (INE 2008).
No termo municipal de Sant Vicent do Raspeig atópase, desde o seu fundación en 1979, o campus da Universidade de Alacant. Este feito valeulle para colocárselle a etiqueta de cidade universitaria e de residencia. Os núcleos urbanos de Alacant e de Sant Vicente forman un continuo urbanizado, ademais de posuír boas comunicacións entre si como tren de Proximidades ou tranvía TRAM.
O topónimo do municipio xurdiu a raíz da estancia de Vicente Ferrer nas terras do Raspeig sobre 1411. O municipio creceu ao redor dunha ermida situada nas terras do Raspeig. Dende o século XVII, polo menos, documéntase a existencia en distintos protocolos notariais dos primeiros núcleos de poboación habitados no que hoxe coñecemos como Sant Vicent del Raspeig. O carácter de lugar de paso e á vez cruzamento de camiños das súas terras marcou o seu desenvolvemento histórico ao longo de séculos. A súa independencia total chegou en 1848 tras anos dun dilatado proceso segregacionista da cidade de Alacant.
Posteriormente, no século XX produciuse a industrialización do municipio e a súa inclusión na área metropolitana de Alacant, coa conseguinte medra demográfica. No século XX o municipio experimentou unha extensión urbanística de xeito moi similar ao concepto de cidade lineal coas avenidas Ancha de Castelar e Alacant como principal eixe vertebrador.