Sandro Veronesi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sandro Veronesi, nado en Prato (Toscana) en 1959, é un escritor italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coa novela La forza del pasato obtivo o Premio Viareggio L. Repaci e o Premio Campiello. Gañou o Premio Strega en 2006 co libro Caos calmo. Desta novela, o director Antonello Grimaldi realizou unha película protagonizada por Nanni Moretti.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Per dove parte questo treno allegro, 1988.
  • Gli sfiorati, 1990.
  • La forza del pasato, 2000.
  • Caos calmo, 2005. Tradución de Carlos Acevedo, 2010, publicada en Galaxia.
  • Brucia Troia, 2007.
  • XY, 2010.