Sandhi tonal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O sandhi tonal é un fenómeno de sandhi que se produce nas linguas tonais. Existe en todas as linguas con tons, pero parece máis estendido nalgunhas que noutras.

En mandarín, o sandhi tonal máis frecuente consiste en pronunciar unha sílaba orixinalmente no terceiro ton ante outra sílaba no terceiro ton como unha sílaba do segundo ton. Por exemplo, a frase transcrita en pinyin nǐhǎo, "ola", é pronunciada de feito níhǎo.

O sandhi tonal en Hakka é máis complexo, e aínda máis na rexión de Minnan. Para amosar ata que punto o sandhi tonal afecta ao significado nela, pode considerarse a combinación dos morfemas taiwaneses kiaⁿ (asustado) e lâng (persoa), que cambia de senso segundo o ton. Pronunciado kiaⁿ7-lâng5, significa "ter medo da xente, que ten medo", mentres que pronunciado kiaⁿ1-lâng1, significa "aterrador, que dá medo".

O cheroqui ten un sistema tonal forte no seo do cal os tons poden seren combinados de diversas maneiras segundo regras tonais complexas e sutís que admiten variantes segundo as tribos. Aínda que este sistema tonal se está a simplificar pouco a pouco por influencia do inglés, este fica moi importante para o senso.


Metaplasmo
aumento: prótese - epéntese - anaptixe - paragoxe
acurtamento ou elisión: aférese - síncope - apócope
transposición: metátese
amálgama: contracción - sinérese - haploloxía - sandhi - sandhi tonal