Sander

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sander

Sander vitreus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Familia: Percidae
Xénero: Sander
Oken, 1817
Especie tipo
Sander lucioperca
(Linnaeus, 1758)
Especies
5, ver texto.
Sinonimia
Sander canadensis.

Sander (anteriormente chamado Stizostedion) é un xénero de peixes da familia dos pércidos. Teñen un aspecto intermedio entre as percas (coas que están estreitamente emparentados) e os lucios (da familia dos esócidos, cos que non están estreitamente emparentados).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O seu nome procede da voz alemá zander (nome común da lucioperca).[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

É un xénero moi presente nas augas temperadas e frías do hemisferio norte, no que están incluídas tres especies de distribución euroasiática e dúas norteamericanas. A súa orixe parece ser europea, xa que se cre que unha emigración de poboacións desde Europa no Eoceno deu orixe ás especies norteamericanas.[1]

Observacións[editar | editar a fonte]

Pola calidade da súa carne estes peixes son moi aprezados culinariamente e mesmo son criados en piscifactorías e granxas en Europa central e oriental. Non obstante, a súa introdución en ecosistemas para eles alleos causa grandes trastornos, xa que son depredadores voraces, como é o caso da lucioperca, considerada especie invasora na Península Ibérica.[1][2]

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero inclúe as seguintes 5 especies:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 www.ittiofauna.org (en italiano)
  2. Kottelat, M. & J. Freyhof (2007): Handbook of European freshwater fishes. Publications Kottelat, Cornol, Suíza. 646 p. ISBN 978-2-8399-0298-4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]