Sancho IV de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sancho IV de León»)
Infotaula de personaSancho IV de Castela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 1258 Editar o valor em Wikidata
Sevilla Editar o valor em Wikidata
Morte25 de abril de 1295 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Toledo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Santa María de Toledo Editar o valor em Wikidata
Monarca de Castela e León
1284 – 1295 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Castela
Rei de Toledo
Rei de León
Señor de Molina
Rei de Galicia Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaría de Molina (1282 (Gregoriano), 1282 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosIsabel de Castela (pt) Traducir, Alfonso de Castilla (en) Traducir, Violante Sánchez of Castile (pt) Traducir, Enrique de Castilla y Molina, Pedro de Castela (1290–1319) (pt) Traducir, Beatriz de Castela (pt) Traducir, Philip of Castile, Lord of Cabrera and Ribera (en) Traducir, Fernando IV de León e Castela, Tereza Sanchez bâtarde de Castilla (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAfonso X o Sabio Editar o valor em Wikidata  e Violante de Aragón Editar o valor em Wikidata
IrmánsPedro de Castela (pt) Traducir, Fernando de La Cerda (pt) Traducir, Xoán I de Galiza e León, Jaime de Castela (pt) Traducir, Alfonso Fernández el Niño (en) Traducir, Violante de Castela (pt) Traducir, Beatriz de Castela I (pt) Traducir, Beatriz de Castela (pt) Traducir, Berenguela de Castela, Leonor de Castela (pt) Traducir e Constança de Castela (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesIsabel of Portugal (pt) Traducir (neta (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Castilla-112 Find a Grave: 95281415 Editar o valor em Wikidata
Sancho nun manuscrito da época.

Sancho IV de Borgoña, o Bravo, nado en Valladolid o 12 de maio de 1258 e falecido en Toledo o 25 de abril de 1295, foi rei de Castela, de León e de Galiza. Era o segundo fillo de Afonso X o Sabio e Violante de Aragón, filla de Xaime I o Conquistador.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sancho IV casou con dona María de Molina en 1282, e tiveron seis fillos:

O primoxénito de Afonso X, Fernando de la Cerda, non chegou a reinar ó falecer antes có seu pai. O rei Sabio deixou escrito no seu testamento que o reino debía pasar ó seu neto primoxénito, o infante Alfonso de la Cerda e ó mesmo tempo desherdaba ó seu segundo fillo, Sancho.

Moeda de Sancho IV.

Porén, Sancho proclamouse rei sen respectar a vontade do seu pai, e foi coroado en Toledo en 1284. Foi recoñecido pola maioría dos pobos e dos nobres, pero ó mesmo tempo houbo un grupo bastante numeroso de partidarios dos Infantes de la Cerda, que reclamaban o acatamento do testamento. Durante todo o reinado deste monarca houbo loitas internas e pelexas por alcanzar o poder. Un dos personaxes que máis discordias provocou foi o infante Xoán (irmán de Afonso X), e á súa causa uniuse o nobre Lope Díaz III de Haro, oitavo señor de Biscaia. O rei Sancho fixo executar ó de Haro e mandou encarcerar ó seu tío, o infante Xoán. Tamén, segundo as crónicas, deu a orde de executar 4.000 seguidores dos infantes de la Cerda, pasándoos a coitelo, en Badaxoz, a 400 en Talavera e a outros moitos en Ávila e Toledo.

Arco de Tarifa cunha placa en recordo dos que loitaron no conflito de Tarifa.

Despois destes acontecementos perdooulle ó seu tío Xoán, quen ó pouco tempo se volveu sublevar, ocasionando o conflito de Tarifa. Xoán chamou na súa axuda os benimerines de Marrocos e sitiaron a praza que estaba defendida polo seu gobernador Guzmán el Bueno, señor de León. Alí ocorreu o famoso acto heroico e a morte inocente do fillo de Guzmán. A praza de Tarifa foi fielmente defendida e os benimerines regresaron ó seu lugar de orixe. Desbaratáronse deste modo os plans do infante Xoán e os do sultán de Marrocos, que pretendía unha invasión.

Ó subir ó trono de Aragón Xaime II houbo un achegamento con Sancho IV, e os dous reis, unidos, deron un novo impulso á Reconquista.

O rei Sancho IV foi un gran amigo, ademais de titor, do personaxe histórico coñecido como o Infante Juan Manuel.

Sancho morreu en 1295, deixando como herdeiro o seu fillo Fernando, de nove anos. Deixou tamén en herdanza as disputas e rivalidades cos infantes de la Cerda e os seus partidarios.

Malia ser fillo de Afonso X, era analfabeto.


Sancho IV de Castela
Nacemento: 12 de maio 1258 Falecemento: 25 de abril 1295


Títulos Reais
Precedido por
Afonso X


Rei de Castela, Toledo, Galiza, León, Córdoba, Murcia, Xaén e Sevilla
1284–1295
Sucedido  por
Fernando IV

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]