Tabagón, O Rosal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "San Xoán de Tabagón")
San Xoán de Tabagón
O Rosal, S. Xoán de Tabagón, igrexa parroquial.jpg
Igrexa parroquial.
Concello O Rosal
Área - km²
Poboación 657 hab. (2011)
Entidades de poboación 7

San Xoán de Tabagón[1] é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal na comarca do Baixo Miño. Conta con 7 entidades de poboación: A Mina, A Paradela, A Portela, O Río, A Rúa da Cal, A Rúa de Abaixo e O Xisco. Segundo o IGE en 2011 tiña 657 habitantes (319 homes e 338 mulleres).

Está bañada polas augas do Río Miño e dista 5 quilómetros da capital do concello.

Índice

Patrimonio [editar]

A igrexa parroquial é de estilo manuelino tardío, construída entre 1812 e 1825, con retablo maior neogótigo.

O Cruceiro dos Maios,[2] feito por Manuel González Perdiz en 1879, onde se representa unha alegoría do pecado orixinal, a flaxelación e a Verónica coa Santa Face. Ten un capitel dórico con follas de acanto e cabezas de anxo, o Cristo Morto e a Dolorosa.

Destaca, tamén, o peto de ánimas da Paradela.[3]

Celebracións [editar]

Na parroquia celébranse, amais de San Xoán (24 de xuño), as festividades da Virxe da Saúde e San Brais, 2 e 3 de febreiro respectivamente.

Galería de imaxes [editar]

Notas [editar]

Lugares e parroquias [editar]

Lugares de Tabagón [editar]

Lugares da parroquia de Tabagón no concello pontevedrés do Rosal

A Mina | A Paradela | A Portela | O Río | A Rúa da Cal | A Rúa de Abaixo | O Xisco

Parroquias do Rosal [editar]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal

As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán)

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]