San Xoán de Moeche, Moeche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Xoán de Moeche
Igrexa de San Xoán de Moeche.JPG
Igrexa de San Xoán de Moeche.
Concello Moeche
Poboación 418 hab. (2011)
Entidades de poboación 21

San Xoán de Moeche é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Moeche. Segundo o IGE en 2011 tiña 418 habitantes (223 mulleres e 195 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando contaba con 415 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Igrexa parroquial de San Xoán de Moeche, está datada do século XIX.
  • Peto de ánimas na igrexa parroquial de San Xoán. Labrado en madeira, créese que é orixinal do século XVIII.
  • Ermida de San Xiao dos Osos. Localizada no límite co concello de Cerdido, no camiño antigo a San Andrés de Teixido, levantada no século XII, contén un retablo barroco datado no século XVIII, xunto a porta encóntranse dous sarcófagos antropoides datados do século XI.
  • Capela de San Ramón. É un pequeno templo de estilo barroco con planta rectangular dunha soa nave, presbiterio e sacristía, situado en San Ramón, parroquia de San Xoán de Moeche. No seu interior destacan os arcos de medio punto apoiados sobre pilastras, que soportan seu teito de madeira, e a imaxe de San Ramón, situada no oco central do retablo barroco do seu altar maior. Na entrada de dita capela encóntrase un cruceiro datado de finais do século XIX.
  • Castro de Forxao. Este castro tamén chamado "A Costeira", é de planta rectangular, e encóntrase protexido por unha muralla e por un terraplén que circunda a muralla (este é tamén o sistema de defensa do castelo de Moeche), a parte accesible do castro encóntrase en bo estado de conservación.

Feiras[editar | editar a fonte]

En San Xoán de Moeche celébranse dúas feiras ao mes, os días 11 e 23 no campo da feira.

O 23 de abril de cada ano ten lugar unha feira no campo de San Ramón de Moeche, onde tamén hai carreiras de cabalos.

Festas[editar | editar a fonte]

  • San Ramón: celébrase na capela de San Ramón o 31 de agosto de cada ano, aínda que desde algúns anos non se celebra por falta de actividade por parte dos veciños.
  • San Xoán: na capela de San Xoán o 24 de xuño de cada ano, aínda que desde algúns anos tampouco se celebra por falta de veciños colaboradores.
  • Balocos: Festa celebrada por puro ocio todos os anos en setembro, empezou a facerse hai pouco tempo xa que antes celebrábase a festa de Balocos conxuntamente coa de San Ramón.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Xoán de Moeche[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Xoán de Moeche no concello de Moeche (A Coruña)

Balocos | Beleiriz | Bouza | O Camiño | Casabranca | Casalousada | Casanova de Vilar | Corveira | Costeira | Forxao | Outeiro | Pardiñas | Petaño | Petón | Piagolongo | Piñeiro | Ramil | Riovello | San Ramón | Seoane Novo | Seoane Vello


Parroquias de Moeche[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Moeche

Abade (Santiago) | Labacengos (Santa María) | San Xoán de Moeche (San Xoán) | San Xurxo de Moeche (San Xurxo) | Santa Cruz de Moeche (Santa Cruz)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]