San Vicente e Granadinas - Saint Vincent and the Grenadines
San Vicente e Granadinas é un país do Caribe, constituído pola illa de San Vicente e pola metade norte da cadea das Granadinas. Ten fronteiras marítimas con Santa Lucía, a nordeste, e con Granada, a suroeste, e é un dos países máis próximos de Barbados. Capital: Kingstown.
Índice |
Historia [editar]
Os indios caribes evitaron, mesmo pola forza, a colonización europea en San Vicente ata o século XVIII. Africanos escravizados, náufragos ou fuxitivos de Barbados, Santa Lucía e Granada e buscando refuxio en San Vicente, ou Hairouna nome que lle deran os caribes, casaron cos caribes e converténdose en caribes negros ou garifuna. A partir de 1719, establecéronse colonos franceses, que cultivaron café, tabaco, índigo, algodón e azucre en plantacións traballadas por africanos escravizados. En 1763, San Vicente foi cedido a Gran Bretaña. Restaurado o goberno dos franceses en 1779, San Vicente foi recuperado polos británicos baixo o Tratado de París (1783) no cal Gran Bretaña recoñeceu oficialmente o final da Revolución estadounidense. Tratados complementarios foron tamén asinados con Francia e España, coñecidos como os Tratados de Versalles de 1783, parte dos cales volveron pór a San Vicente baixo control británico. O conflito entre os británicos e os Caribes Negros, liderados polo desafiante Xefe Supremo Joseph Chatoyer, continuaron ata 1796, cando o xeneral Sir Ralph Abercromby esmagou un revolta fomentada polo radical francés Victor Hugues. Máis de 5.000 Caribes Negros foron finalmente deportados a Roatán, unha illa fronte á costa de Honduras.
A escravitude foi abolida en 1834. Despois do período de aprendizaxe, que acabou prematuramente en 1838, a escaseza de traballo nas plantacións resultou na inmigración de criados contratados. Os portugueses viñeron de Madeira a partir dos anos 1840 e gran cantidade de traballadores indios do leste chegaron entre 1861-1880. As condicións continuaron sendo duras tanto para os antigos escravos como para os traballadores inmigrantes na agricultura, xa que os baixos prezos mundiais do azucre mantiveron a economía estancada ata o cambio de século.
Desde 1763 ata a independencia, San Vicente pasou a través de varias fases de situación colonial baixo os británicos. Unha asemblea representativa foi autorizada en 1776, o goberno de Colonia da Coroa instalado en 1877, un consello lexislativo creado en 1925 e un sufraxio adulto universal en 1951.
Durante este período, os británicos fixeron varios intentos sen éxito para afiliar San Vicente con outras illas de Barlovento a fin de gobernar a rexión a través dunha administración unificada. As propias colonias, desexosas de liberarse do goberno británico, fixeron un notable intento de unificación chamada Federación das Indias Occidentais, que desapareceu en 1962. O 27 de outubro de 1969 outorgóuselle a San Vicente a condición de estado asociado, dándolle o control completo sobre os seus asuntos internos. Despois un referendo en 1979, baixo Milton Cato, San Vicente e as Granadinas convertéronse na última das illas de Barlovento en conseguir a independencia no décimo aniversario da súa condición de estado asociado, o 27 de outubro de 1979.
Desastres naturais figuraron na historia do país. En 1902, o volcán de A Soufrière entrou en erupción, matando a 2.000 persoas. Moitas terras de labranza foron danadas, e a economía deteriorada. En abril de 1979, A Soufrière volveu entrar en erupción. Aínda que ninguén morreu, miles de persoas tiveron que ser evacuadas, e houbo un amplo dano na agricultura. En 1980 e 1987, furacáns comprometeron as plantacións de banana e coco; 1998 e 1999 tamén viron tempadas de furacáns moi activas, co Furacán Lenny en 1999 causando grandes danos na costa oeste da illa.
Política e goberno [editar]
San Vicente e as Granadinas é unha democracia parlamentaria dentro da Mancomunidade Británica de Nacións. A Raíña Isabel II é xefe de Estado e está representada na illa por un Gobernador Xeral, un cargo no seu maior parte con funcións cerimoniais. O control do goberno descansa no Primeiro Ministro e o Gabinete. Hai unha oposición parlamentaria feita pola minoría máis grande nas eleccións xerais, encabezada polo líder da oposición.
O país non ten forzas armadas formais, aínda que a Forza Policial Real de San Vicente e as Granadinas inclúe unha Unidade de Servizos Especiais.
San Vicente e as Granadinas son un membro pleno e participante da Comunidade do Caribe (CARICOM) e a Organización de Estados do Caribe Oriental (OECS).
Subdivisións [editar]
- Artigo principal: Subdivisións de San Vicente e Granadinas.
Administrativamente, San Vicente e as Granadinas divídese en seis parroquias, con cinco en San Vicente, e as Granadinas xuntas constituíndo a sexta.
- Carlota (Parish of Charlotte)
- San Andrés (Parish of Saint Andrew)
- San David (Parish of Saint David)
- San Jorge (Parish of Saint George)
- San Patricio (Parish of Saint Patrick)
- Granadinas (Parish of the Grenadines)
Xeografía [editar]
San Vicente e as Granadinas atópase entre Santa Lucía e Granada nas Illas de Barlovento das Antillas Menores, un arco insular do Mar Caribe. As illas de San Vicente e as Granadinas inclúen a illa principal de San Vicente (344 km²) e as dúas terceiras partes das Granadinas do norte (45 km²), unha cadea de pequenas illas estirándose cara ao sur desde San Vicente ata Granada.
Economía [editar]
- Véxase o artigo: Economía de San Vicente e Granadinas.
A economía sanvicentina é moi modesta, e a súa principal fonte de ingresos é a exportación de plátanos e algúns produtos agrícolas. Aínda que o turismo veu crecendo nos últimos anos o goberno non puido diversificar a súa fonte de divisas. Segundo cifras do ano 2003 a poboación das illas ascende a 116 812 persoas das cales o 66% son de raza negra e o 75% practican o cristianismo protestante. Unha gran parte dos produtos que consumen ten que ser importada dos seus socios comerciais. A súa moeda é o dólar do Caribe Oriental
Demografía [editar]
- Artigo principal: Demografía de San Vicente e Granadinas.
Cultura [editar]
- Artigo principal: Cultura de San Vicente e Granadinas.
| Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
|---|---|---|---|
Ligazóns externas [editar]
| Países do mundo | Caribe |
| Antiga e Barbuda - Bahamas - Barbados - Cuba - Dominica - Rep. Dominicana - Granada - Haití - Saint Kitts e Nevis - San Vicente e Granadinas - Santa Lucía - Trindade e Tobago - Xamaica |
| Países con estatus especial no Caribe Aruba - Curaçao - San Martiño - Bonaire - San Eustaquio - Saba (posesións de Holanda) |
