San Vicente, San Vicente e Granadinas
| San vicente | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Kingstown |
| País | San Vicente e Granadinas - Saint Vincent and the Grenadines |
| Localización | Mar Caribe |
| Arquipélago | Antillas Menores |
| Linguas | |
| Poboación (2000) | 108.600 hab. |
| Superficie | 345 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 13°15′N 61°12′W / 13.25°N 61.2°W |
| Maior Altura | 1.234 m. La Soufrière |
| Localización | |
Saint Vincent ou San Vicente é unha illa volcánica no mar Caribe, o territorio máis extenso do país de San Vicente e as Granadinas. Está situada entre Santa Lucía e Granada. Está formada por montañas volcánicas parcialmente mergulladas.
Durante o século XVIII a illa foi disputada entre Francia e Gran Bretaña, ata que foi cedida aos británicos en 1783. Acadou a súa independencia o 27 de outubro de 1979. A súa poboación é de aproximadamente 110.000 persoas. A capital é Kingstown, con 19.300 habitantes; outras poboacións importantes son Layou, Barrouallie, Chateaubelair, Georgetown, e Calliaqua.
O punto máis alto da illa é o volcán La Soufrière, con 1.220 m de altura, é un volcán activo, cuxas erupciones máis recentes foron en 1812 e en 1902, cando causou a morte de 2.000 persoas, e máis recentemente o "venres negro", o 13 de abril de 1979.
A economía de San Vicente depende en gran medida da agricultura, a produción de banano representa un 60% do emprego. O turismo internacional é a outra fonte importante de ingresos da illa. A principal industria é a industria alimentaria.