San Roque, San Miguel de Negradas, O Vicedo
| San Roque | |
|---|---|
| Capela de San Roque. | |
| Parroquia | San Miguel de Negradas |
| Concello | O Vicedo |
| Poboación | 20 hab. (ano 2009) |
San Roque é un lugar da parroquia de San Miguel de Negradas, no concello lugués do Vicedo. Segundo o IGE en 2009 tiña 20 habitantes (11 mulleres e 9 homes), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 34 habitantes.
Debe o seu nome a unha capela existente baixo a advocación de San Roque. Previamente o lugar era coñecido como O Pazo, onde viviron María Sarmiento Ribadeneira e o seu marido Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira, gobernador das Filipinas. Tamén foi coñecido como Santa Mariña, por mor da existencia dunha capela baixo esa advocación.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de San Miguel de Negradas [editar]
| Lugares da parroquia de San Miguel de Negradas no concello do Vicedo (Lugo) | |
|---|---|
|
Alpuxarras | A Áspera | A Barreira | Chelo | Crecide | Creximil | A Fonte | Francos | A Gándara | A Gatariza | Marcos | Monte de Insua | O Morgallón | O Mosteiro | Muro Novo | Noche | A Poceira | O Redondo | Salgueiros | San Roque | O Xurbal |