San Martiño de Lanzós, Vilalba
| San Martiño de Lanzós | |
|---|---|
| Concello | Vilalba |
| Área | - km² |
| Poboación | 596 hab. (2008) |
| Entidades de poboación | 39 |
San Martiño de Lanzós é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo), situada nun fermoso val ao norte da Vilalba. Segundo o IGE en 2008 tiña 596 habitantes (312 mulleres e 284 homes), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 735 habitantes.
Índice |
Historia [editar]
O señorío de Lanzós, na Idade Media, tomou parte activa na revolta irmandiña. Aínda se canta un romance que recorda a participación dos de Lanzós na revolta.
Ate hai uns anos explotouse un xacemento de mineral de ferro a ceo aberto no barrio de Ferreira.
Patrimonio [editar]
Restos arqueolóxicos da idade do bronce. Tamén existen restos dun castro con valado de terra no Adro. No lugar do Pazo consérvase parte da vivenda de Afonso de Lanzós, xefe irmandiño.
No mesmo lugar do Adro érguese a Casa-Escola de Lanzós, edificio de planta rectangular de construción habanera rematado en 1921.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de San Martiño de Lanzós [editar]
| Lugares da parroquia de San Martiño de Lanzós no concello de Vilalba (Lugo) | |
|---|---|
|
O Adro | Bichicán | Biduído | Braínlle | Bustelo | As Cádevas | Caldas | Candorca | Carreiroa | Casa Lousada | O Cotelo | O Coto | O Curadoiro | Escairo | Os Febreiros | Ferreira | Ferreiroa | A Fontevella | Ladrela | Os Lagos | Lamelas | Meixonfría | Moreda | Muruxás | A Pallota | Paraños | O Pazo | O Pedrouzo | A Pereira | O Polo | Ramil | Redondo | O Rego | A Revolta | O Ribado | O Sisto | Touriño | Vilagondriz | Vilate |