San Martiño de Grou, Lobeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Martiño de Grou
ConcelloLobeira[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°56′49″N 8°03′04″O / 41.94688859, -8.05111852Coordenadas: 41°56′49″N 8°03′04″O / 41.94688859, -8.05111852
Poboación10 hab. (2022)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Grou é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Lobeira. Segundo o IGE[2] en 2021 tiña 9 habitantes (4 homes e 5 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación[3], o lugar de Cabaleiros. Este lugar xunto co do Valoiro da parroquia homónima do concello de Lobios, forman a parroquia eclesiástica de San Martiño de Grou do arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense.

San Martiño na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • O lugar de Cabaleiros/ é un lugar moi sombrizo;/ prenden os amores nil/ coma o salgueiro no río [4].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Martiño de Grou[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Martiño de Grou no concello de Lobeira (Ourense)

Cabaleiros


Parroquias de Lobeira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Lobeira

A Fraga (San Bartolomeu) | Lobeira (San Vicente) | Monte Longo (Santa Cristina) | Parada (Santa Eufemia) | San Martiño de Grou (San Martiño) | San Xes de Vilariño (San Xes) | Santa Comba (San Trocado) | Santa Cruz de Grou (Santa Cruz)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2022. Consultado o 2022-04-09. 
  3. Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa". 
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119. Cabaleiros é o único lugar da parroquia de San Martiño de Grou, no concello de Lobeira. Porén, Xaquín Lorenzo afirma que é o nome que recibe a terra onde asenta a parroquia, formada polos lugares de Valdoi, Paraño, Mosteiro e Valoiro. Hoxe os tres primeiros lugares xa non existen (na Limia Baixa) e O Valoiro é lugar da parroquia de San Martiño de Grou de Lobios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]