San Diego, California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 32°42′54″N 117°9′45″W / 32.71500°N 117.16250°W / 32.71500; -117.16250

San Diego, California
Flag of San Diego, California.svg Seal Of San Diego, California.svg
SD Montage.jpg
Vistas da cidade
Situación xeográfica
San Diego en Estados Unidos
San Diego
San Diego
San Diego en California
San Diego
San Diego
País Flag of the United States.svg Estados Unidos de América
Estado California
Condados Condado de San Diego
Xeografía
Altitude 486 msnm
Superficie 964,51 km²
Poboación
Poboación 1.307.402 hab. (2010)
Densidade 1.545,4 hab/km²
Xentilicio San Diegan
Información
Código postal 92101-92117, 92119-92124, 92126-92140, 92142, 92145, 92147, 92149-92155, 92158-92172, 92174-92177, 92179, 92182, 92184, 92186, 92187, 92190-92199
Alcalde Kevin Faulconer (R)
Páxina web Páxina oficial de San Diego

San Diego é unha cidade situada no extremo sudoeste do estado de California (Estados Unidos) e, polo tanto, ao extremo sudoeste continental dos Estados Unidos. O condado fai fronteira con Tijuana, Baixa California, México. Capital do Condado de San Diego, a cidade ten fama polo seu clima tépedo e as súas numerosas praias. No censo de 2000 tiña unha poboación total de 1.223.400 habitantes. É a segunda cidade máis grande de California e a sétima do país.

San Diego acolle varias bases militares, incluíndo portos da armada estadounidense e bases de infantería de mariña. É ademais a sede da maior flota naval no mundo, incluíndo dous super-portaavións da armada, o USS Nimitz (CVN-68) e o USS Ronald Reagan (CVN-76), cinco naves de asalto anfibio, varios submarinos nucleares e moitas naves menores. Un dos dous centros de recrutamento da infantería de mariña sitúase aquí.

Como proba da súa vinculación histórica coa mariña estadounidense, varios buques desta chamáronse USS San Diego para honrar á cidade. A base naval de North Island tamén é coñecida como o Berce da Aviación Naval en Estados Unidos, aínda que a base naval de Pensacola, en Florida, tamén reivindica este título.

Historia[editar | editar a fonte]

A área orixinalmente foi habitada polo pobo indíxena Kumeyaay, que hoxe en día mantén unha presenza no Condado. Non foi ata 1542 cando se deu o descubrimento europeo coa chegada dunha expedición liderada por Juan Rodrígues Cabrillo, mariño portugués baixo a bandeira española. Orixinalmente este púxolle o nome San Miguel. A baía de San Diego e a área da cidade moderna recibiron o seu nome de Sebastián Vizcaíno, o cal cartografaba a Alta California para España en 1602. Os exploradores acamparon preto dunha aldea india que se chamou "Nipaguay" e tiveron unha misa en honra a San Diego de Alcalá. Por ese entón California formaba parte do virreinato da Nova España.

En 1769, Gaspar de Portolá e a súa expedición fundaron un presidio, e o domingo 16 de xullo, os frades franciscanos Frei Junípero Serra, Juan Vizcaíno e Fernando Parrón alzaron e bendixeron unha cruz, establecendo así a primeira misión na Alta California, a Misión de San Diego de Alcalá. Os colonos empezaron a chegar no ano 1774, pero os indios nativos da zona rebeláronse ao ano seguinte. Mataron ao misioneiro e a outras dúas persoas, e queimaron a misión. Frei Junípero Serra organizou a reconstrución, e dous anos despois, empezouse a construír un edificio de adobe. Para o 1797 a misión era a maior de California, con máis de 1400 indios encomendados. O asentamento foi gañando en prosperidade salvo incidentes menores como o envelenamento de Frei Pedro Panto en 1812 por parte do seu cociñeiro indio Nazario.

En 1821 España recoñeceu a independencia de México e o territorio pasou a control mexicano. O gobernador de California (que incluía o actual estado de California e a península de Baixa California trasladou o seu capital desde Monterrey a San Diego. En 1834 a misión foi secularizada e 432 persoas fixeron unha petición ao gobernador José Figueroa para formar unha cidade, petición que foi aprobada polo comandante Santiago Argüello. O primeiro alcalde elixido foi Juan María Osuna, gañándolle a Pío Pico nas 13 papeletas entregadas. Con todo, a poboación da cidade diminuíu ata o nivel dun pouco máis de 100 persoas, e para o final dos anos 1830 perdeu o seu status de cidade ata que a provincia da Alta California converteuse en estado estadounidense en 1848 tras ser arrebatada a México como consecuencia da Guerra Mexicano-Estadounidense. O pobo foi designado sede do novo Condado de San Diego, e volveu incorporarse como cidade.

En 1885, San Diego foi finalmente conectado ao resto de Estados Unidos por ferrocarril. A significativa presenza da armada estadounidense empezou en 1907 co establecemento dunha base naval para o aprovisionamento de carbón dos buques. Paulatinamente o número de bases empezou a multiplicarse debido ás necesidades das forzas navais.

San Diego foi anfitrioa de dúas Feiras Mundiais, a Exposición Panamá-California en 1915 e a Exposición Internacional California-Pacífico en 1935.

Desde a Segunda Guerra Mundial, as forzas armadas tiveron a posición dominante na economía local. Porén, desde o final da Guerra Fría, diminuíu considerablemente a presenza militar. Desde entón, San Diego chegou a ser un centro da industria biotecnolóxica e é a sede central da xigantesca corporación de telecomunicacións Qualcomm.

Debido en gran parte á forte presenza militar da cidade, os habitantes de San Diego teñen fama de ser máis conservadores que os residentes das outras cidades costeiras californianas. Esta reputación é máis indicativa das comunidades dentro do Condado de San Diego, dado que actualmente hai máis Demócratas rexistrados que Republicanos (39% contra 34%) dentro dos límites da cidade.

Demografía[editar | editar a fonte]

San Diego, 2001

Actualmente a cidade de San Diego conta cunha poboación de 1.261.251 persoas, dos cales [1]:

  • O 47'7% son brancos (descendentes de europeos).
  • O 27'1% son latinos ou hispanos (entre os que predominan os mexicanos).
  • O 15'3% son asiáticos.
  • O 6'9% son negros.
  • O resto confórmano persoas doutras razas.

A poboación de orixe latina/hispano é a de máis rápido crecemento, debido á alta taxa de fecundidade das mulleres latinas residentes nos Estados Unidos, e tamén debido á inmigración legal e ilegal proveniente de América Latina e o Caribe.

Segundo o censo do 2000, hai 1.223.400 persoas, 450.691 unidades de convivencia e 271.315 familias vivindo na cidade. A densidade de poboación é 1.456'4 hab/km². Hai 469.689 unidades de aloxamento cunha densidade media de 559'1 por km².

Hai 450.691 unidades de convivencia das cales o 30'2% ten fillos de menos de 18 anos que viven con eles, o 44'6% son parellas casadas que viven xuntas, o 11'4% ten un cabeza de familia feminino sen marido, e o 39'8% non son familias. O 28'0% de todos as unidades de convivencia consta de individuos e o 7'4% ten alguén de máis de 65 anos de idade vivindo só. A tamaña media da unidade de convivencia é 2'61 persoas e o tamaño da familia media é 3'30.

O 24'0% da poboación da cidade ten menos de 18 anos, o 12'4% entre 18 e 24, o 34'0% de 25 a 44, o 19'1% de 45 a 64 e o 10'5% 65 anos ou máis. A idade media é de 32 anos. Por cada 100 mulleres hai 101'7 homes. Por cada 100 mulleres con máis de 18 anos hai 100'4 homes.

O ingreso medio para unha unidade de convivencia en San Diego é US$43.733, e o ingreso medio por familia é US$67.060. Os homes teñen un ingreso medio de US$36.984 por US$31.076 das mulleres. O ingreso per cápita para a cidade é US$67.609. O 14'6% da poboación e o 10'6% das familias está por baixo da liña da pobreza. Da poboación total, o 20% dos menores de 18 anos e o 7'6% dos maiores de 65 están debaixo da liña da pobreza.

Clima[editar | editar a fonte]

San Diego, a sétima cidade máis grande do país, ten un clima tan magnífico que a revista Holiday Magazine dixo que ¡é o único lugar cun clima perfecto! Cun clima mediterráneo, os días en San Diego son cálidos e asollados con baixa humidade. A media de temperatura diaria é 70 °F e temperaturas do inverno raramente baixan ata 40 °F.

Transporte[editar | editar a fonte]

San Diego conta con sistemas de tren lixeiro (LRT), autobuses [2], tren coaster e Amtrak. Ademais, esta cidade conta con algúns dos sistemas de transporte máis desenvolvidos nos Estados Unidos. A pesar diso, a gran maioría da poboación transpórtase en automóbil privado.

San Diego conta cunha serie de autoestradas de alto nivel e gran extensión, que comunican a toda a cidade en si co resto do país. Case todas as autoestradas importantes da nación cruzan San Diego. Naturalmente, estas son de extrema importancia para a economía e o transporte local.

Instalacións Militares[editar | editar a fonte]

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

País Cidade Condado / Distrito / Rexión / Estado
Flag of Afghanistan.svg Afganistán Flag of None.svg Jalalabad Flag of None.svg Nangarhar
Flag of Australia.svg Australia Flag of None.svg Perth Flag of Western Australia.svg Australia Occidental
Flag of Brazil.svg Brasil Bandeiracampinas.jpg Campinas Bandeira do estado de São Paulo.svg San Paulo
Flag of the People's Republic of China.svg China Flag of None.svg Yantai Flag of None.svg Shandong
Flag of Ghana.svg Ghana Flag of None.svg Tema Flag of None.svg Greater Accra
Flag of Japan.svg Xapón Flag of Yokohama, Kanagawa.svg Yokohama Symbol of Kanagawa Prefecture.svg Kanagawa
Flag of Mexico.svg México Escudo leon2.jpg León Mexico stateflags Guanajuato.png Guanajuato
Flag of Mexico.svg México Flag of None.svg Tijuana Mexico stateflags Baja California.png Baixa California
Flag of the Philippines.svg Filipinas Flag of None.svg Ciudad de Cavite Flag of None.svg Cavite
Polonia Polonia Flag of Warsaw.svg Varsovia POL województwo mazowieckie flag.svg Masovia
Flag of Russia.svg Rusia Flag of None.svg Vladivostok Flag of Primorsky Krai.svg Primorsky Krai
España España Flag of Alcalá de Henares.svg Alcalá de Henares Flag of the Community of Madrid.svg Madrid
Flag of South Korea.svg Corea do Sur Flag of None.svg Jeonju Flag of None.svg Jeollabuk-do
Flag of the Republic of China.svg Taiwan px Taichung Flag of None.svg Taichung
Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido Flag of None.svg Edimburgo Flag of Scotland.svg Escocia

Persoeiros notables[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
Top of Rock Cropped.jpg
Nova York
East LA Basin from Mulholland.jpg
Os Ánxeles
Sears Tower from Hancock Observatory.jpg
Chicago
1 Nova York Nova York 8.274.527 11 Detroit Michigan 916.952
2 Os Ánxeles California 3.834.340 12 Jacksonville Florida 805.605
3 Chicago Illinois 2.836.658 13 San Francisco California 799.183
4 Houston Texas 2.208.180 14 Indianapolis Indiana 795.458
5 Phoenix Arizona 1.552.259 15 Columbus Ohio 747.755
6 Filadelfia Pensilvania 1.449.634 16 Austin Texas 743.074
7 San Antonio Texas 1.328.984 17 Fort Worth Texas 681.818
8 San Diego California 1.266.731 18 Memphis Tennessee 674.028
9 Dallas Texas 1.240.499 19 Charlotte Carolina do Norte 671.588
10 San Jose California 939.899 20 Baltimore Maryland 637.455
Datos do censo de 2007. Véxanse tamén as principais cidades segundo o censo de 2000