San Bartolomé - Saint-Barthélemy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Bartolomé - Saint-Barthélemy
Flag of Saint Barthelemy (local).svg Blason St Barthélémy TOM entire.svg
Bandeira Escudo
Localización
Mapa de San Bartolomé
Datos
Capital Gustavia
País Francia
Linguas
Poboación (2007) 8450 hab.
Superficie 21 km²
Densidade
Concellos
Coordenadas 17°54′N 62°50′W / 17.9°N 62.833°W / 17.9; -62.833
Maior Altura
Mapa de San Bartolomé

San Bartolomé (Saint-Barthélemy en francés; tamén St Barth) é unha illa do Mar Caribe situada a 175km ao norte do arquipélago de Guadalupe (17°54; Norte 62°50; Oeste). Administrativamente é unha colectividade territorial de Francia, A súa superficie é de 21 km² (25.500;ha) e a súa poboación de 8.450 habitantes (2007), que gaña o seu sustento fundamentalmente dos servizos turísticos.

Historia [editar]

Foi descuberta na segunda viaxe de Cristóbal Colón, quen lle deu o nome do seu irmán. Os indios caribes chamábana Ouanalao.

O capitán francés Lonvilliers de Poincy ocupou a illa en 1648 e entre 1651 e 1665 foi propiedade da Orde de Malta. Máis tarde chegaron os primeiros colonos, principalmente normandos e bretóns. O clima seco e a xeografía rochosa non permitiron o cultivo da cana de azucre como noutras illas caribeñas, polo que non houbo un ingreso masivo de escravos. Si, en cambio, serviu de base para incursións piratas.

Foi posesión francesa desde aquel entón, coa excepción de case un século de dominio sueco entre 1785 e 1877, o que se reflicte no nome da súa principal localidade, Gustavia, chamada así en homenaxe a Gustavo III de Suecia. Gustavia foi convertida polos suecos en porto libre, o que asegurou a prosperidade da illa no século XIX. Os franceses cederan a illa a cambio de dereitos portuarios en Gotemburgo; recuperárona o 10 de agosto de 1877 mediante o pago de 80.000 francos.

o 6 de decembro de 2003 os seus habitantes votaron por converterse nun territorio separado de Guadalupe, xunto á parte francesa de San Martiño.

o 22 de febreiro do 2007 a Illa de San Bartolomé, xunto coa Parte Francesa da Illa de San Martín convertéronse en Colectividade Territorial; segregandose do Departamento de Ultramar de Guadalupe

Comunicacións [editar]

  • Dispón dun pequeno aeroporto ao que chegan voos charter e aerolíneas rexionais (código IATA SBN).
  • O porto de Gustavia admite iates e outras embarcacións de pequeno calado.
Porto de Gustavia
En verde (con letras vermellas) están os ex compoñentes da rexión de Guadalupe / departamento entre as Illas de Sotavento, incluindo Saint Barthélemy, antes de febreiro de 2007.