Samuel Reshevsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.


Samuel Reshevsky
Samuel Reshevsky
Samuel Reshevsky
Nacemento: 26 de novembro de 1911
Ozorkow Polonia Polonia
Falecemento: 4 de abril de 1992
Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade: Estadounidense Flag of the United States.svg
Ocupación: Xogador de xadrez

Samuel Herman Reshevsky, nado o 26 de novembro de 1911 en Ozorkow, Polonia, e finado o 4 de abril de 1992, en Nova York, Estados Unidos, foi un xogador de xadrez. Foi un dos máis fortes grandes mestres de América e do mundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Aprendeu a xogar á idade de 4 anos e foi un neno prodixio do xadrez. Á idade de 8 anos xa derrotaba a experimentados xogadores de máis idade en exhibicións de simultáneas.

Na década de 1920 os seus pais trasladáronse aos Estados Unidos onde se gañaron a vida co talento do seu fillo. Reshevsky, de maior, graduouse na Universidade de Chicago en 1933 en Contabilidade, e traballou como contable.

Mocidade[editar | editar a fonte]

Reshevsky gañou os campionatos dos Estados Unidos en 1936, 1938, 1940, 1942, 1946, 1969 e 1970. A súa carreira internacional comezou en 1935 en Margate, onde logrou o primeiro lugar derrotando entre outros a Capablanca. Un ano máis tarde compartiu o terceiro posto en Nottingham. En 1937 compartiu o primeiro posto en Kemeri, Letonia, e en 1938 compartiu o cuarto posto no torneo da AVRO.

Campionatos do mundo e olimpíadas[editar | editar a fonte]

Foi un dos 5 grandes mestres que competiron polo Campionato do Mundo no match-torneo de 1948 e terminou empatado no terceiro posto con Paul Keres. Logo foi segundo no torneo de candidatos de Zúric en 1953. Tamén clasificouse para o ciclo de candidatos no interzonal de Sousse, pero perdeu nos cuartos de final contra Viktor Korchnoi en 1968.

Participou regularmente coa selección estadounidense nas Olimpíadas de xadrez. Gañou o ouro en 1937 e o bronce en 1974 e o ouro individual en 1950. En total participou en 8 olimpíadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]