Samuel Ramey
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samuel Edward Ramey, nado en Colby, Kansas, o 28 de marzo de 1942, é un cantante de ópera estadounidense, considerado un dos mellores baixos da súa xeración. É moi admirado pola súa amplitude e versatilidade, tendo tanto a técnica belcantista que lle permite cantar obras de Händel, Mozart, Rossini, así como a forza pra interpretar roles dramáticos de Verdi e Puccini.