Samuel Pepys
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samuel Pepys, nado en Londres o 23 de febreiro de 1633 e finado en Clapham o 26 de maio de 1703, foi presidente da Royal Society, administrador naval e membro do parlamento inglés.
Traxectoria [editar]
Aínda que non tiña experiencia marítima, prosperou a base de traballo duro e o seu talento na administración até ser Secretario Principal do Almirantado no reinado de Xacobe II de Inglaterra. Viuse implicado no presunto complot do Duque de York, e foi acusado de xacobita, ficando en prisión o período entre 1679 e xullo de 1680, e desde maio até xuño de 1689 e xuño de 1690.