Samotracia - Σαμοθράκη

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samotracia - Σαμοθράκη
Vista da illa
Samotracia, co monte Fengari no fondo
Datos
Capital Samotracia
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago
Linguas Grego
Poboación (2001) 2.723 hab.
Superficie 178 km²
Densidade
Coordenadas 40°29′N 25°31′E / 40.483°N 25.517°E / 40.483; 25.517
Maior Altura 1.611 m. Monte Fengari
Localización
Localización  da illa

Samotracia (en grego, Σαμοθράκη ou Samothraki) é unha illa de Grecia no norte do mar Exeo. Sitúase no distrito de Evros, na provincia de Macedonia Oriental e Tracia. Está uns poucos quilómetros ao oeste da fronteira marítima entre Grecia e Turquía. A extensión da illa é 178 quilómetros cadrados, e a súa poboación de aproximadamente 2.300 habitantes. Depende da pesca e o turismo. O nome da illa é coñecido pola escultura chamada Vitoria de Samotracia que se atopa no museo do Louvre.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigüidade[editar | editar a fonte]

Samotracia non era un estado completo no significado político da antiga Grecia, xa que non ten ningún porto natural e a maior parte da illa é moi montañosa para o cultivo: Ouros Fengari (Monte Lúa) elévase a 1.611 m. Foi, con todo, o fogar do Santuario dos Grandes Deuses, sitio de importantes cerimonias relixiosas Helénicas e pre-helénicas . Entre os que visitaron este santuario para ser iniciados no culto da illa foron o rei Lisandro de Esparta, Filipo II de Macedonia e Cornelio Pisón, sogro de Xulio César.

A antiga cidade, cuxas ruínas se chaman Palaeopoli ("cidade vella"), estaba situada na costa norte. Aínda se conservan considerables restos das antigas murallas, que foron construídas en gran estilo ciclópeo, así como do Santuario dos Grandes Deuses, onde se levaban a cabo ritos misteriosos que estaban abertos aos escravos e persoas libres (en contraste cos Misterios de Eleusis).

O relato tradicional da antigüidade di que Samotracia foi habitada por primeira vez por pelasgos e Cariaos, e máis tarde tracios. A finais do século 8 a.C. a illa foi colonizada polos gregos de Samos, do que ven o nome de Samos de Tracia, que máis tarde se converteu en Samotracia, aínda que Estrabón négao. A evidencia arqueolóxica suxire que a colonización grega foi no século VI antes de Cristo.

Os persas ocuparon Samotracia no 508 a.C., logo pasou baixo control ateniense, e foi membro da Confederación de Delos no século 5 antes de Cristo. Foi sometida por Filipo II de Macedonia, e desde entón ata o 168 a.C. estivo baixo soberanía Macedonia. Coa batalla de Pidna Samotracia converteuse en independente, unha condición que terminou cando Vespasiano absorbeu a illa no Imperio Romano no ano 70.

Era Posromana[editar | editar a fonte]

San Teófanes morreu aquí no 818. Os bizantinos gobernaron ata 1204, cando os venecianos tomaron o seu lugar, só para ser desaloxados por unha familia xenovesa en 1355, os Gattilusi. O Imperio Otomán conquistouna en 1457 e foi chamada (turco: Semadirek); unha insurrección contra eles pola poboación local durante a guerra de Independencia grega (1821-1831) levou ao masacre da maioría da poboación. A illa regresou ao dominio grego en 1913 por mor da Guerra dos Balcáns. Foi ocupada por Bulgaria durante a Segunda Guerra Mundial.

Hoxe en día[editar | editar a fonte]

A cidade portuaria moderna de Kamariotissa está na costa noroeste e permite o acceso de transbordadores desde e cara a puntos do norte de Grecia, como Alexandroupoli e Kavala. Non hai aeroporto comercial na illa. Outros sitios de interese na illa inclúen as ruínas dos fortes xenoveses, o pintoresco Chora(casco antigo), e varias fervenzas.