Samoedo, Sada, Sada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°20′37″N 8°15′40″W / 43.34361°N 8.26111°W / 43.34361; -8.26111

Samoedo
Parroquia Sada
Concello Sada
Poboación 505 hab. (ano 2011)

Samoedo é un lugar da parroquia de Sada no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Segundo o IGE[1], en 2011 contaba con 505 habitantes (239 homes e 266 mulleres).

Samoedo situado nun val, constitúe o terceiro maior núcleo de poboación[1] da parroquia de Santa María de Sada, no concello homónimo.

Limita coa vila de Sada e o lugar do Tarabelo dentro da propia parroquia; cos lugares de Seixeda e O Castro de Samoedo na parroquia de San Xián de Osedo; e coas parroquias de San Xián de Lubre e San Xián de Ouces, no concello de Bergondo.

Abrangue varias entidades menores de poboación de distinta denominación: Agra de Samoedo, As Lixelas, Samoedo, As Corredoiras, Os Carbosos, Cambade, Monte do Sabio, etc.

Destacou tradicionalmente pola súa produción vitícola, presumiblemente ligada ao mosteiro de Sobrado, se ben hoxe decreceu case ata a desaparición. Porén, non deixa de ser unha área eminentemente agraria, aínda que tamén residencial.

Conserva mostras significativas da súa arquitectura popular, especialmente hórreos e algunha vivenda de interese.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Sada[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Sada no concello de Sada (A Coruña)

Os Barros | Beloi | A Chaburra | O Couto | Fontán | A Grela | Pazos | A Ramalleira | Riovao | Sada | Sada de Arriba | Samoedo | Serra | O Tarabelo

Parroquias de Sada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Sada

Carnoedo (Santo André) | Meirás (San Martiño) | Mondego (San Xián) | Mosteirón (San Nicolao) | Osedo (San Xián) | Sada (Santa María) | Soñeiro (San Xián) | Veigue (Santa Comba)

Notas[editar | editar a fonte]