Samardo Samuels
| Reno Bighorns – No. 33 | |
| Ala-pivote/Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de xaneiro de 1989 (24 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 120 kg (265 lb) |
| Instituto | Saint Benedict's Preparatory School |
| Información da carreira | |
| Universidade | Louisville |
| NBA Draft | Non drafteado |
| Carreira | dende 2010 |
| Historial de equipos | |
| Cleveland Cavaliers (2010-2013) →Erie BayHawks (2010) (D-League) →Canton Charge (2012) (D-League) Reno Bighorns (2013-presente) (D-League) |
|
Samardo Samuels, nado o 9 de xaneiro de 1989 en Trelawny, é un xogador xamaicano de baloncesto profesional que xoga nos Reno Bighorns da NBA Development League. Antes xogou para a Universidade de Louisville.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Samuels non foi elixido no Draft da NBA, pero xogou para os Chicago Bulls na liga de verán de 2010. Acadou 12.6 puntos e 7.4 rebotes. O 17 de agosto de 2010, Samuels asinou un contrato por 3 anos e 2.3 millóns de dólares cos Cleveland Cavaliers.[1]
Debutou contra os Toronto Raptors o 29 de outubro, anotando 7 puntos. O 27 de decembro de 2010, foi enviado aos Erie BayHawks, afiliado dos Cavs na NBA Development League.[2] O 1 de xaneiro, tras xogar dous partidos na D-League, foi chamado de volta polos Cavs.
O 2 de marzo de 2011, Samuels xogou o seu primeiro partido coma titular contra os San Antonio Spurs en lugar do mancado Antawn Jamison, conseguiu a mellor anotación da súa carreira con 23 puntos, e ademais capturou 10 rebotes.[3]